Saltar ao contido

Leonardo Coimbra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeonardo Coimbra

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1883 Editar o valor en Wikidata
Borba de Godim, Portugal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1936 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Porto, Portugal Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, accidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Porto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía e política Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, político, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1229472
Escultura no Porto.

Leonardo José Coimbra, nado en Borba de Godim, Lixa, o 30 de decembro de 1883 e finado en Porto o 2 de xaneiro de 1936, foi un filósofo, profesor e político portugués. Como ministro de Instrução Pública dun dos gobernos da Primeira República Portuguesa, creou as Universidades Populares e a Facultade de Letras do Porto. Como pensador fundou o movemento Renascença Portuguesa e evolucionou do creacionismo cara a un intelectualismo esencialista e idealista, recoñecendo a necesidade de reintegrar o saber das "mais altas disciplinas espirituais", como a metafísica e a relixión.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Aos 14 anos Leonardo Coimbra deixou o Colexio de Nossa Senhora do Carmo, en Penafiel, para matricularse na Escola Naval de Coímbra en 1898. En 1905 iniciou na Academia Politécnica do Porto a carreira superior de Letras, que concluíu en Lisboa catro anos despois.

En 1907 fundou e dirixiu, con Jaime Cortesão, Cláudio Basto e Álvaro Pinto, a "Nova Silva", de orientación anarquista, e no ano seguinte fundou a Sociedade dos Amigos do ABC, de inspiración huguesca, para combater o analfabetismo. Constituíu despois, con Jaime Cortesão, Rodrigo Solano, Gil Ferreira e Correia de Sousa, o grupo político-literario "Nova Seara" e fundou en 1912 a Renascença Portuguesa, coas súas "Universidades Populares". Este grupo tiña por órgano a revista A Águia. En 1913 presentou a súa tese de doutoramento, "Creacionismo", á oposición para unha praza de profesor asistente de Filosofía. No ano seguinte iniciou a súa carreira de político, afiliándose ó Partido Republicano Português. En 1915 impartiu clases no Liceu Gil Vicente, en Lisboa.

Foi dúas veces ministro de Instrução Pública (1919 e 1923), criou as Escolas Primárias Superiores, reformou a Biblioteca Nacional, fundou a Facultade de Letras da Universidade do Porto, onde foi director e profesor. Defendeu, a pesar de toda a polémica xerada, a liberdade do ensino relixioso nas escolas particulares fiscalizadas polo Estado.

Foi un dos maiores impulsores do Espiritismo en Portugal, formando parte da mesa do I Congresso Espírita Português, realizado en Lisboa en maio de 1925.

Enemistouse coa facción tradicional do seu partido, o Partido Republicano Português, que acabou por abandonar para ingresar na facción disidente, a Esquerda Democrática.

  • Camões e a Fisionomia Espiritual da Pátria

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Leonardo Coimbra, Obras de Leonardo Coimbra, ed. Lello e Irmão, 2 volumes, Porto, 1983.
  • RIBEIRO, A., Leonardo Coimbra. Apontamentos de Biografia e Bibliografia, Lisboa, 1945.
  • RIBEIRO, A., Memórias de um Letrado, Lisboa, 1977.
  • ALVES, A., O Sistema Filosófico de Leonardo Coimbra. Idealismo Criacionista, Porto, 1962.
  • ABRANCHES DE SOVERA, E., Análise de «O Criacionismo» de Leonardo Coimbra, Lisboa, 1989.
  • ABRANCHES DE SOVERA, E., Sobre o criacionismo - a propósito de Leonardo Coimbra, 1997.
  • ABRANCHES DE SOVERA, E., O pensamento dialéctico de Leonardo Coimbra - reflexão sobre o seu valor antropológico, 1997.
  • MARINHO, J., O Pensamento Filosófico de Leonardo Coimbra, Porto, 1945.
  • CÂNDIDO PIMENTEL, M., Filosofia Criacionista da Morte: meditação sobre o problema da morte no pensamento filosófico de Leonardo Coimbra, Ponta Delgada, 1994.
  • FERREIRA PATRÍCIO, M., A Pedagogia de Leonardo Coimbra, Porto, 1992.
  • Robert Junqueira, "Leonardo Coimbra e Vladimir Solovyov: relações inesperadas entre as filosofias em Portugal e na Rússia Arquivado 01 de xuño de 2020 en Wayback Machine.", Texto Aberto IEF 5 (2019), pp. 1–31.
  • Robert Junqueira, "Leitura Criacionista da «Síntese Filosófica» de Leonardo Coimbra", Periódico Héstia 3 (1) (2019), 36-51.
  • SPINELLI, M., A Filosofia de Leonardo Coimbra, Braga, 1981.
  • FREITAS, M., O Pensamento criacionista de Leonardo Coimbra, Braga, 1957.
  • SANT'ANNA, D., Valor da Ciência para Leonardo Coimbra, Porto, 1956.
  • SANT'ANNA, D., Leonardo Coimbra. Contribuição para o conhecimento da sua personalidade e seus problemas, Porto, 1983.
  • SANT'ANNA, D., Leonardo Coimbra, O Filósofo e o Tribuno, Lisboa, 1985.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]