Saltar ao contido

Leopoldo López Lois

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLeopoldo López Lois
Biografía
Nacementoc. 1884 Editar o valor en Wikidata
Maside, España Editar o valor en Wikidata
Morte8 de xuño de 1948 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Maside, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Maside
1936 – 1936
Alcalde de Maside
1931 – 1935 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, industrial Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 9907

Leopoldo López Lois, nado en Maside cara a 1884 e finado no mesmo concello o 8 de xuño de 1948, foi un industrial e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Dono dun comercio en Maside. Logo da proclamación da Segunda República foi nomeado presidente da Comisión Xestora de Maside polo gobernador civil, e logo da repetición das elección en maio de 1931, foi elixido alcalde en xuño.[1] Foi destituído o 16 de xaneiro de 1935.[2] Volveu ser alcalde logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e estivo preso no cárcere de Celanova. Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi condenado a pena de morte; a condena foi conmutada por cadea perpetua. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[3] Finou en Maside o 8 de xuño de 1948 aos 63 anos.[4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Foi pai de Manuel e Luis López González.

  1. El Pueblo Gallego, 9-6-1931, p. 10.
  2. El Pueblo Gallego, 14-3-1935, p. 13.
  3. BOE, 7-11-1941, p. 4083.
  4. Necrolóxica en La Región, 9-6-1948, p. 2.
Predecesor:
?
 
Alcalde de Maside
 
1931 - 1935
Sucesor:
Manuel Araújo Fernández
Predecesor:
?
 
Alcalde de Maside
 
1936
Sucesor:
?