Lepidopodinos
Lepidopodinos Lepidopodinae Sabres, peixes sabre | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lepidopus caudatus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
|
A dos lepidopodinos (Lepidopodinae) é unha subfamilia de peixes teleósteos da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, unha das tres nas que se subdivide a familia dos triquiúridos.[1][2]
Os peixes desta subfamilia son longos, delgados e xeralmente de cores azulada ou prateada. Reduciron considerablemente as aletas pelvianas e a caudal (que ás veces están ausentes), o que lles dá un aspecto similar a unha anguía. Son depredadores, e a súa boca é grande e está armada con dentes longos e afiados.[3]
As especies da subfamilia, algunhas de interese pesqueiro, son coñecidas vulgarmente como sabres,[4][5] ou peixes sabre.[6]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A subfamilia foi descrita en 1863 polo ictiólogo e paleontólogo estadounidense Theodore Nicholas Gill.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome da subfamilia está construído normalmante, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Lepidopus, engadíndolle a desinencia do latín científico -inae, propia dos nomes das subfamilias de animais.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Non hai unanimidade entre os autores na sistemática desta subfamilia. Así, temos, en diferentes bases de datos, os seguintes xéneros, coas especies que se indican:
Segundo o WoRMS
[editar | editar a fonte]Subfamilia Lepidopodinae
- Xénero Assurger Whitley, 1933 [7]
- Assurger anzac (Alexander, 1917)
- Xénero Eupleurogrammus Gill, 1862 [8]
- Eupleurogrammus glossodon (Bleeker, 1860)
- Eupleurogrammus muticus (Gray, 1831)
- Xénero Evoxymetopon Gill, 1863 [9]
- Evoxymetopon macrophthalmus Chakraborty, Yoshino & Iwatsuki, 2006
- Evoxymetopon poeyi Günther, 1887
- Evoxymetopon taeniatus Gill, 1863
- Xénero Lepidopus Goüan, 1770 [10]
- Lepidopus altifrons Parin & Collette, 1993
- Lepidopus calcar Parin & Mikhailin, 1982
- Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788)
- Lepidopus dubius Parin & Mikhailin, 1981
- Lepidopus fitchi Rosenblatt & Wilson, 1987
- Lepidopus manis Rosenblatt & Wilson, 1987
Segundo o ITIS
[editar | editar a fonte]Subfamilia Lepidopodinae [11]
- Xénero Assurger Whitley, 1933 [12]
- Assurger anzac (Alexander, 1917)
- Xénero Eupleurogrammus Gill, 1862 [13]
- Eupleurogrammus glossodon (Bleeker, 1860)
- Eupleurogrammus muticus (Gray, 1831)
- Xénero Evoxymetopon Gill, 1863 [14]
- Evoxymetopon macrophthalmus Chakraborty, Yoshino & Iwatsuki, 2006
- Evoxymetopon poeyi Günther, 1887
- Evoxymetopon taeniatus Gill, 1863
- Xénero Lepidopus Goüan, 1770
- Lepidopus altifrons Parin & Collette, 1993
- Lepidopus calcar Parin & Mikhailin, 1982
- Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788)
- Lepidopus dubius Parin & Mikhailin, 1981
- Lepidopus fitchi Rosenblatt & Wilson, 1987
- Lepidopus manis Rosenblatt & Wilson, 1987
- Xénero Tentoriceps Whitley, 1948 [15]
- Tentoriceps cristatus (Klunzinger, 1884)
Segundo o NCBI
[editar | editar a fonte]Lepidopodinae [16]
- Xénero Assurger
- Xénero Eupleurogrammus
- Xénero Evoxymetopon
- Xénero Lepidopus
En Galicia
[editar | editar a fonte]En augas galegas aparece citada a especie Lepidopus caudatus, a primeira vez en 1935 por de Buen e, posteriormente, por outros autores, como Fernández et al. en 1978, que a rexistra desde a foz do Miño até Fisterra, Fariña et al., en fondos da plataforma continental de menos de 200 m, desde a Estaca de Bares até Ribadeo, ou Solórzano et al., en 1988, en foindos da plataforma continental desde a foz do Miño até Ribadeo.[6]
Nomes galegos
[editar | editar a fonte]Rodríguez Villanueva el al., na súa Guía, danlle a esta especie o nome de peixe sable (sic) que, por outra parte, pode confundirse coa especie Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758, á que lle adxudican o mesmo nome galego.[6]
Lahuerta e Vázquez, no seu Vocabulario, designan esta especie como sabre prateado, e admiten como sinónimos galegos peixe sabre e peixe sabre prateado.[5]
Estes últimos autores consideran tamén a especie Lepidopus xantusi (Goode & Bean, 1895), á que denominan sabre de ollos grandes, dando como sinónimo cola de cabelo (?).[5] Pero o WoRMS identifica a especie Lepidopus xantusi Goode & Bean, 1896 con Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788).[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Lepidopodinae Gill, 1863 no WoRMS.
- ↑ Trichiuridae Rafinesque, 1810 no WoRMS.
- ↑ Johnson, G. D. & Gill, A. C. (1998), en Paxton, J. R. & Eschmeyer, W. N., eds. Encyclopedia of Fishes. San Diego: Academic Press. ISBN 0-12-547665-5, p. 190.
- ↑ sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Lahuerta Mouriño, Fernando e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Santiago: Xunta de Galicia. ISBN 84-453-2913-8, p. 178.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 Lepidopus cuadatus (Euphrasen, 1788), en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-225.
- ↑ Assurger Whitley, 1933 no WoRMS.
- ↑ Eupleurogrammus Gill, 1862 no WoRMS.
- ↑ Evoxymetopon Gill, 1863 no WoRMS.
- ↑ Lepidopus Goüan, 1770 no WoRMS.
- ↑ Lepidopodinae no ITIS.
- ↑ Assurger Whitley, 1933 no ITIS.
- ↑ Eupleurogrammus Gill, 1862 no ITIS.
- ↑ Evoxymetopon Gill, 1863 n o ITIS.
- ↑ Tentoriceps Whitley, 1948 no ITIS.
- ↑ Lepidopodinae no NCBI.
- ↑ Lepidopus xantusi Goode & Bean, 1896 no WoRMS.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Lepidopodinae Gill, 1863 no WoRMS.
- Lepidopodinae no ITIS.
- Lepidopodinae no NCBI.