Lepidurus
Lepidurus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Lepidurus arcticus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|

Lepidurus é un xénero de pequenos crustáceos da clase dos branquiópodos, orde dos notostráceos, un dos dous que comprende a súa única familia, a dos triópsidos.[1][2]
É o máis grande dos dous xéneros existentes na familia, (o outro é Triops). Encóntranse habitualmente nas lagoas temporais primaverais e sobreviven aos períodos de seca grazas aos seus ovos en repouso de longa duración.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1819 polo zoólogo e biólogo mariño inglés William Elford Leach,[1] nun traballo publicado en Dict. Sci. Nat., 14: 539.[2][3]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Lepidurus está formado pola unión dos elementos do latín científico lepid- e -urus. O primeiro está tirado do grego antigo λεπίσ lepís, "escama", e o segundo deriva do grego antigo οὐρά ourá, cola.[4] Literalmente: "os que teñen escamas na cola".
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tameén polos sinónimos:[2]
- Apus Cuvier, 1798
- Apus Cuvier, 1800
- Monops Billberg, 1820
- Prolepidurus Tchernyshev, 1940
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense deno do xénero as seguintes especies:[1]
- Lepidurus apus Linnaeus, 1758
- Lepidurus arcticus Pallas, 1793
- Lepidurus batesoni Longhurst, 1955
- Lepidurus bilobatus Packard, 1883
- Lepidurus couessii Packard, 1875
- Lepidurus cryptus Rogers, 2001
- Lepidurus lemmoni Holmes, 1894
- Lepidurus lubbocki Brauer, 1873
- Lepidurus mongolicus Vekhov, 1992
- Lepidurus packardi Simon, 1886
- Lepidurus patagonicus Berg, 1900
- Lepidurus viridis Baird, 1850
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Lepidurus Leach, 1819 no WoRMS. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Leach, 1819 no GBIF. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ Lepidurus en "Official Lists and Indexes of Names in Zoology". 31 de marzo de 2012. Consultada o 5 de maro de 2022.
- ↑ Lepidurus no Merriam-Webstr Dictionary.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lepidurus |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Lepidurus |