Leptocleidus
Leptocleidus Rango fósil: Cretáceo Inferior | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||||
|
Leptocleidus é un xénero extinto de pliosauroides leptocleídidos[1] que viviron no Cretáceo, no que hoxe é Inglaterra, Australia e Suráfrica.[2] É o único pliosauro coñecido achado nos sedimentos da illa de Wight.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo Leptocleidus significa "clavícula delgada". Provén da derivación das palabras gregas λεπτοσ, que significa "delgado" eκλειδ (tamén escrito como κλεισ) que significa clavícula.
Descrición
[editar | editar a fonte]Con grandes clavículas, interclavículas e escápulas pequenas, Leptocleidus parecíase a Rhomaleosaurus do Xurásico Inferior e ós membros da familia do Cretáceo Polycotylidae. Este animal tiña 21 dentes a cada lado dos seus maxilares e aproximadamente 35 dentes de cada lado da súa mandíbula. O cranio de forma triangular de Leptocleidus tiña unha crista saxital correndo dende un bordo sobre o final do nariz á rexión nasal. A diferenza doutros pliosauroides, Leptocleidus tiña costelas cervicais cunha soa cabeza e unha profunda depresión no centro das vértebras do pescozo. Leptocleidus medía de media 3 metros de lonxitude. Porén, Leptocleidus superstes era case un 50% máis pequeno (1,5 metros) polo que era a especie máis pequena.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Smith AS, Dyke GJ. 2008. The skull of the giant predatory pliosaur Rhomaleosaurus cramptoni: implications for plesiosaur phylogenetics. Naturwissenschaften e-published 2008.
- ↑ Ketchum, H. F., and Benson, R. B. J. "Global interrelationships of Plesiosauria (Reptilia, Sauropterygia) and the pivotal role of taxon sampling in determining the outcome of phylogenetic analyses" 85 (2). PMID 20002391. doi:10.1111/j.1469-185X.2009.00107.x.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- O'Keefe F. R. (2001). "A cladistic analysis and taxonomic revision of the Plesiosauria (Reptilia: Sauropterygia)". Acta Zoologica Fennica 213: 1–63.