Leptotrombidium
Leptotrombidium | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
|
Leptotrombidium é un xénero de ácaros asiático da familia Trombiculidae, que funciona como reservorio e vector para a transmisión por medio da súa picadura da bacteria Orientia tsutsugamushi (antes chamada Rickettsia tsutsugamushi), a cal produce a febre tsutsugamushi.[1] A forma larvaria deste ácaro parasita os roedores, pero tamén ocasionalmente os humanos e outros grandes mamíferos, e é a única fase vital do parasito na que este pode transmitir a doenza. Están relacionados co xénero Trombicula, que é da mesma familia, e vive en Europa e Norteamérica.
Pensábase orixinalmente que os roedores eran o principal reservorio natural de O. tsutsugamushi e que os ácaros simplemente funcionaban como vectores da infección, é dicir, que os ácaros limitábanse a transmitir a infección desde os roedores aos humanos.[2][3] Pero hoxe sabemos que estes ácaros só se alimentan durante un período da súa vida nun só hóspede, o cal significa que a transmisión de roedor a home por medio dos ácaros é imposible (para iso o ácaro tería que alimentarse primeiro no roedor infectado e despois outra vez no home, cousa que non fai: só se alimenta nun deles).[4] En realidade, o que ocorre é que a bacteria persiste nos ácaros por medio dunha transmisión transovárica, a través dos ovos,[5][6][7] por medio dos cales os ácaros adultos transmiten a infección á súa futura descendencia. Os ácaros Leptotrombidium son, por tanto, tanto un vector de transmisión coma un reservorio da bacteria O. tsutsugamushi.[4] A infección afecta predominantemene ás femias do ácaro,[8] e non parece que afecte negativamente ao animal.
Ciclo de vida
[editar | editar a fonte]A larva ten unha cor laranxa pálida e aliméntase de tecido epitelial licuado, pero non de sangue, xa que as súas pezas bucais (quelíceros) son demasiado curtas para chegar aos vasos sanguíneos subcutáneos.[9] Teñen tres pares de patas (de adulto terá os 4 pares de patas que corresponden a un arácnido). As larvas normalmente parasitan a roedores mais tamén a humanos.[4] Para os humanos a súa picadura é indolora, e a dor só se produce normalmente cando a larva se despega da pel, deixando unha pápula vermella no lugar da picadura, que pode orixinar unha éscara.[10]
Os estados larvarios duran de 1 a 2 semanas. Despois da alimentarse, a larva cae ao chan e transfórmase en ninfa. A ninfa ten cor vermella ladrillo e 4 pares de patas (típico dun arácnido). O estadio ninfal dura de 1 a 3 semanas. As ninfas maduran a adultos, que teñen catro pares de patas, e o primeiro par é o máis longo. Os adultos son inofensivos para os humanos. No estadio poslarvario, non son parasitos e aliméntanse de material vexetal.[11] As femias poñen ovos un por un, que eclosionan nunha semana. A media de vida dun adulto é de 6 meses.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]- L. akamushi é endémico do Xapón e é o reservorio do serotipo Kato da bacteria Orientia tsutsugamushi;[1]
- L. deliense é o principal vector no sur da China[12] e en Tailandia;[13] é tamén endémico do Parque Nacional de Litchfield do Territorio do Norte de Australia, onde é portador do serotipo Litchfield da bacteria.[14]
- L. pallidum é endémico do Xapón e é o reservorio dos serotipos bacterianos Karp e Gilliam;[1][15]
- L. scutellare é endémico do Xapón e é o reservorio dos serotipos Kawasaki e Kuroki bacterianos.[1][15]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Scrub typhus (tsutsugamushi disease) in Japan, 1996–2000". Byogen Biseibutsu Kenshutsu Joho Geppo 22: 211–212. 2001.
- ↑ Philip CB (1948). "Tsutsugamushi disease (scrub typhus) in World War II". J Parasitol 34 (3): 169–191. JSTOR 3273264. doi:10.2307/3273264.
- ↑ Fox JP (1948). "The long persistence of Rickettsia orientalis in the blood and tissues of infected animals". J Immunol 59 (2): 109–114.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Pham XD, Suzuki H, Takaoka H (2001). "Distribution of unengorged larvae of Leptotrombidium pallidum and other species in and around the rodent nest holes". Southeast Asian J Trop Med Public Health 32 (3): 553–57. PMID 11944716.
- ↑ Walker JS, Chan CT, Manikumaran C, Elisberg BL (1975). "Attempts to infect and demonstrate transovarial transmission of R. tsutsugamushi in three species of Leptotrombidium mites". Ann NY Acad Sci 266: 80–90. doi:10.1111/j.1749-6632.1975.tb35090.x.
- ↑ Takahashi M, Murata M, Nogami S, Hori E, Kawamura A, Tanaka H (1988). "Transovarial transmission of Rickettsia tsutsugamushi in Leptotrombidium pallidum successively reared in the laboratory". Jpn J Exp Med 58: 213–218.
- ↑ Frances SP, Watcharapichat P, Phulsuksombati D (2001). "Vertical transmission of Orientia tsutsugamushi in two lines of naturally infected Leptotrombidium deliense (Acari: Trombiculidae)". J Med Entomol 38 (1): 17–21. PMID 11268685. doi:10.1603/0022-2585-38.1.17.
- ↑ Roberts LW, Rapmund G, Gadigan FG (1977). "Sex ratios in Rickettsia tsutsugamushi-infected and noninfected colonies of Leptotrombidium (Acari: Trombiculidae)". J Med Entomol 14 (1): 89–92.
- ↑ Roberts LW, Robinson DM, Rapmund G; et al. (1975). "Distribution of Rickettsia tsutsugamushi in organs of Leptotrombidium (Leptotrombidium) fletcheri (Prostigmata: Trombiculidae)". J Med Entomol 12 (3): 345–348.
- ↑ Kitaoka M, Asanuma K, Otsuji J (1974). "Transmission of Rickettsia orientalis to man by Leptotrombidium akamushi at a scrub typhus endemic area in Akita Prefecture, Japan". Am J Trop Med Hyg 23 (5): 993–9. PMID 4451238.
- ↑ Takahashi M, Misumi H, Urakami H; et al. (2003). "Life cycle of Leptotrombidium pallidum (Acari: Trombiculidae), one of the vector mites of scrub typhus in Japan". Ohara Sogo Byoin Nenpo 45: 19–30.
- ↑ Wang S, Jiang P, Huang J; et al. (2001). "Demonstration of the natural foci of tsutsugamushi disease in Nan Peng Lie Islands in China" (PDF). The Southeast Asian journal of tropical medicine and public health 32 (3): 541–46. PMID 11944714.
- ↑ Frances SP, Watcharapichat P, Phulsuksombati D, Tanskul P, Linthicum KJ (1999). "Seasonal occurrence of Leptotrombidium deliense (Acari: Trombiculidae) attached to sentinel rodents in an orchard near Bangkok, Thailand". J Med Entomol 36 (6): 869–874. PMID 10593093.
- ↑ Odorico DM, Graves SR, Currie B; et al. (1998). "New Orientia tsutsugamushi strain from scrub typhus in Australia". Emerg Infect Dis 4 (4): 641–4. PMC 2640248. PMID 9866742. doi:10.3201/eid0404.980416. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2010. Consultado o 26 de xullo de 2013.
- ↑ 15,0 15,1 Kawamori F, Akiyama M, Sugieda M; et al. (1992). "Epidemiology of Tsutsugamushi disease in relation to the serotypes of Rickettsia tsutsugamushi isolated from patients, field mice, and unfed chiggers on the eastern slope of Mount Fuji, Shizuoka Prefecture, Japan". J Clin Microbiol 30 (11): 2842–2846. PMC 270539. PMID 1452653. Arquivado dende o orixinal o 25/05/2011. Consultado o 26/07/2013.