Levántate Rosalía
Levántate Rosalía | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Xulio Formoso | ||||
Publicado | 1976 | |||
Xénero(s) | folk | |||
Selo(s) | Ocre | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Levántate Rosalía é un disco de Xulio Formoso enteiramente baseado nun dos libros máis populares de Venezuela, Humor y Amor de Aquiles Nazoa, o "Rousinol de Catuche".
Características
[editar | editar a fonte]É o primeiro disco de Formoso onde as composicións foron escritas en ritmos tradicionais de distintas rexións de Venezuela: malagueña e galerón margariteños, merengue caraqueño e aires cañoneros, corrío llanero e ata un ballenato no mais clásico estilo do Valledupar colombiano.
Xulio Formoso e Luis Suárez, de Los Guaraguao, comezaron a traballar na idea a comezos de 1976 co mesmo Aquiles Nazoa. Despois da morte do poeta, en abril dese ano, as gravacións son adiadas a xullo e rematan en agosto co consello de Aníbal Nazoa, irmán máis novo de Aquiles, lanzándose o álbum en setembro. Nel participaron Franklin Mejías, do Grupo Ahora e Antonio Alcalá, da Rondalla Venezolana. As tapas dianteiras e traseiras foron feitas por Pedro León Zapata para este álbum. É o único disco enteiramente dedicado á obra de Aquiles Nazoa.
Cancións
[editar | editar a fonte]- "Kennel Club" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
- "Se embromó Colón" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
- "Elegía al tranvía" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
- "Nuestras musas trasnochadas" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
- "Corrío del Comecandela" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
- "El último pandehornero" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
- "Serenata a Rosalía" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
- "Lluvias" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
- "Consideraciones acerca de la educación de los cochinos" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
- "Amor cuando yo muera" (Aquiles Nazoa; Xulio Formoso)
Músicos
[editar | editar a fonte]- Xulio Formoso: Guitarra, Voz
- Luís Suárez: Guitarra, cuatro, frauta, melódica, voz
- Franklin Mejías: Mandolina, Cuatro
- Antonio Alcalá: Baixo, Percusión
Créditos
[editar | editar a fonte]- Deseño e debuxos: Pedro León Zapata]
- Gravación: Francisco González e Hugo Manzini
- Mix: Hugo Manzini
- Data e lugar da gravación: Estudios Fidelis. Xullo-agosto de 1976
- Produción: Ana Avalos