Liñaio, Negreira
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Liñaio.
Liñaio | |
---|---|
Igrexa de San Martiño de Liñaio. | |
Concello | Negreira[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°52′28″N 8°47′23″O / 42.87434316, -8.78972922 |
Poboación | 219 hab. (2013) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Martiño de Liñaio é unha parroquia que se localiza no sur do concello coruñés de Negreira, na comarca da Barcala. Segundo o padrón municipal (INE) en 2013 tiña 219 habitantes (104 homes e 115 mulleres), 114 menos ca en 1999. Ten nove entidades de poboación.
Festas
[editar | editar a fonte]Aínda que o patrón sexa San Martiño, (11 de novembro), a súa festa máis importante son As Dores, que se celebra o último domingo do mes de xullo. Tamén se celebra o Santo Antón. Na aldea de Pontevedra celébrase unha romaría o último domingo de maio na honra da Virxe do Bo Suceso.
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de Liñaio
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de Liñaio no concello de Negreira (A Coruña) | |
---|---|
Bellalta | Curxido | Liñaio | Maio Grande | Maio Pequeno | Pontevedra | Reibó | Trece | Vilar de Ordoeste |