Libro branco
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2017.) |
Un libro branco (do inglés, white paper) é un documento oficial publicado por un goberno ou unha organización internacional, a fin de servir de informe ou guía sobre algún problema e como afrontalo. Os libros brancos son utilizados para educar aos lectores e axudar ás persoas a tomar decisións. Son usados na política e nos negocios. Tamén poden ser un informe gobernamental que describe unha política, polo xeral, a longo prazo.
Orixe do termo
[editar | editar a fonte]O termo White Paper xurdiu no Reino Unido, onde se aplica aos documentos gobernamentais, informes, anuncios de políticas... Durante o Mandato británico de Palestina, publicáronse tres libros brancos que determinaron o futuro inmediato do Mandato.
Libros brancos gobernamentais
[editar | editar a fonte]En diversas nacións, un "libro branco" é o nome informal dun documento parlamentario que anuncia unha política gobernamental. No Reino Unido, estes son maioritariamente publicados como follas de ruta.
Os libros brancos son publicados polos gobernos para presentar unha política ou propor unha liña de acción nun tema de preocupación actual. Un libro branco pode ser, ocasionalmente, unha consulta aos detalles dunha nova lexislación, manifesta unha clara intención por parte do goberno para aprobar a nova lexislación. Porén, un libro verde (green paper), publicado con moita máis frecuencia, é un documento moito máis aberto. Estes libros verdes son chamados tamén "documentos de consulta", poden simplemente propor unha estratexia para ser aplicada nos detalles doutra lexislación ou pode presentar unha proposta sobre os desexos do goberno para obter pareceres e resposta da opinión pública.
Na Unión Europea, os libros brancos conteñen un conxunto argumentado de propostas de acción comunitaria nun ámbito específico. Neste sentido, son estabelecidos pola Comisión Europea no marco dos comités consultivos que comprenden aos membros da Comisión, dos representantes nacionais de grupos de intereses e das administracións nacionais.
Aspirar e desenvolver decisións políticas ou realizar un acordo político. Estes libros aparecen moitas veces, mais non necesariamente, após a aparición do libro verde sobre o mesmo asunto.
Libros brancos comerciais
[editar | editar a fonte]Desde o comezo da década de 1990, o termo "libro branco" refírese tamén aos documentos orixinais usados por negocios como ferramenta de mercadotecnia ou de vendas. Por exemplo, hoxe en día moitos libros brancos revelan os beneficios das tecnoloxías e de produtos específicos. Estes libros son case sempre documentos de comunicacións de mercadotecnia proxectados para promover solucións ou produtos dunha compañía específica.
Como ferramenta de mercadotecnia, é importante observar que estes documentos sempre enfatizan a información favorable da compañía que autoriza ou financia o documento. Os libros brancos son con frecuencia usados para xerar boas vendas, para implantar o liderado, para educar os consumidores ou compartir coñecemento técnico.
Tipos de libros brancos comerciais
[editar | editar a fonte]Existen tres tipos básicos de libros brancos comerciais:
- Beneficios do negocio: Enfócanse en presentar unha situación de negocio favorable aos executivos.
- Técnicos: Axuda a persoas influentes (como enxeñeiros) a entender como funciona un concepto ou unha tecnoloxía.
- Híbrido: Combina un enfoque nos beneficios do negocio con detalles técnicos nun só documento.