Licurgo (orador)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 390 a. C. Atenas, Grecia |
Morte | 324 a. C. (65/66 anos) Antiga Atenas |
Lugar de sepultura | Kerameikos (pt) |
Actividade | |
Ocupación | político, orador, escritor |
Período de tempo | Antigüidade clásica |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Familia | Eteobutadae (en) |
Fillos | Habron |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Licurgo (en grego antigo Λυκοῦργος, Lukoúrgos) nado en Atenas en -396 e finado en -323, foi un orador ático que foi fillo de Licofrón, quen pertenceu á aristocrática familia sacerdotal dos Eteobutadas. Non debe confundirse co lexislador espartano, do mesmo nome.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na escena política, xogou un papel trala derrota ateniense na Batalla de Queronea (-338) fronte ao exército do rei macedonio Filipo II. Tiña daquela 52 anos, e ignórase o que fixo antes desta data, na que se lle concedeu unha maxistratura durante un período de catro anos. Foi reelixido dúas veces: estivo en total 12 anos dirixindo as finanzas públicas. Ocupouse cun rigor absoluto destas, do exército, e da construción de edificios públicos. Atenas débelle, entre outras cousas, o acondicionamento do ximnasio do Liceo e do Teatro de Dioniso. Intentou exaltar o patriotismo do corpo cívico contra Macedonia.
Obras
[editar | editar a fonte]Conserváronse varias obras retóricas. Son as alegacións das defensas pronunciadas nos procesos políticos (γραϕαί). Unha gran parte son eisanguelías (εἰσαγγελία), procedementos excepcionais por alta traizón.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- J.F. Dobson: Os oradores gregos (The Greek Orators, 1919).
- Apartado dedicado a Licurgo: texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus.
- Licurgo: Contra Leócrates.
- Texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus. Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "focus" (para cambiar ao texto grego) e "load" (para o texto bilingüe).
- Texto francés no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011). Ed. de Garnier,[1] París, 1842. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar ao grego.
- Texto grego no mesmo sitio. Os números en azul entre corchetes son rótulos activos que serven para cambiar ao francés.