Saltar ao contido

Teatro de Dioniso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Teatro de Dioniso

Tipoteatro grego e xacemento arqueolóxico Editar o valor en Wikidata
Parte deTémenos de Dioniso Editar o valor en Wikidata
Estiloarquitectura da Grecia Antiga Editar o valor en Wikidata
CulturaGrecia Antiga Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 37°58′13″N 23°43′40″L / 37.970404, 23.727777
EstadoGrecia
Axencia gobernamentaladministración descentralizada de Ática
PeriferiasPeriferia de Ática
Unidades periféricasAtenas Central
Concelloconcello de Atenas Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónAcrópole de Atenas Editar o valor en Wikidata
Datas
Inauguraciónséculo V a. C. Editar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Sitio arqueolóxico catalogado de Grecia
Wikidata ]

O Teatro de Dioniso foi o maior teatro da antiga Grecia, situado aos pés da parte sur da Acrópole de Atenas e formando parte do témenos de Dioniso. Dedicado como o seu nome indica ao deus do viño e do teatro, Dioniso, inicialmente representábanse en honor do deus cantos e danzas rituais arredor do altar dos coreutas e os espectadores sentábanse arredor, ata que foi evolucionando ás traxedias clásicas de Esquilo, Sófocles, Eurípides e ás comedias de Aristófanes. Arredor do ano -407 o costume era que despois da representación tráxica se fixese un drama satírico; o tempo das representacións alongábase ata unhas nove horas e a entrada era gratuíta.[1]

Foi construído durante o Século -VI, cunha capacidade para 17.000 espectadores. Os actores estaban colocados nunha plataforma, había unha parte interior onde se cambiaban de indumentaria, e os espectadores colocábanse na pendente da lomba, lugar onde se adoitaba construír os teatros. A finais do Século -V substituíronse as primitivas plataformas de madeira por bancos de pedra. Tiña 64 bancadas divididas en dous niveis por un corredor semicircular. Na parte central das primeiras bancadas había 67 asentos que foron realizados, posteriormente, en mármore decorado e estaban reservados para os sacerdotes e personaxes ilustres.[2] A maioría deles consérvase hoxe en día, entre as ruínas que perduran.

  1. VV.AA. (1987). Crónica de la Humanidad. Barcelona: Plaza & Janés, p. 139, ISBN 84-01-60699-3
  2. Devambez, Pierre (1972). Dicionario de la civilización griega. Barcelona: Destino, p. 446, D.L. B.26323-72

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]