Saltar ao contido

Santuario de Artemisa Brauronia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santuario de Artemisa Brauronia
Imaxe xerada por ordenador do santuario de Artemisa Brauronia
PaísGrecia
LocalizaciónMunicípio de Atenas
Coordenadas37°58′17″N 23°43′31″L / 37.97147, 23.72538
Estiloarquitectura da Grecia Antiga
Páxina webhttp://odysseus.culture.gr/h/2/eh251.jsp?obj_id=986
editar datos en Wikidata ]

O Santuario de Artemisa Brauronia está situado na Acrópole de Atenas, entre os Propileos e a Calcoteca. Construído sobre o -430, crese que tomou parte no seu proxecto de edificación o arquitecto Mnesicles cando estaba realizando os Propileos. O edificio do santuario tiña unha forma trapezoidal con dúas ás laterais e dous pórticos ou stoá duns 38 metros de lonxitude por 7 metros de largo.

Estaba dedicado a Artemisa, divindade representada como un oso e protectora das mulleres embarazadas e do parto; no santuario atopábase unha figura arcaica de xóanon da deusa e outra realizada, segundo Pausanias, por Praxíteles no século -IV Durante as festas brauronias celebradas en honor seu, as nenas que estaban consagradas á deusa recibían o nome de osas.