Liga Xuvenil da UEFA
Tipo | copa internacional de clubs de fútbol |
---|---|
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 32 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2013 – |
Calendario da tempada | setembro – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Número de edición | 1 |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
A Liga Xuvenil da UEFA é unha competición anual de clubs de fútbol organizada pola UEFA dende 2013. No seu formato actual, dispútana os equipos xuvenís dos clubs que compiten na fase de grupos da Liga de Campións da UEFA, ademais dos campións das ligas xuvenís das 32 federacións nacionais con mellor coeficiente UEFA.
As semifinais e as finais disputánse no estadio Colovray de Nyon, Suíza. Os gañadores reciben o Trofeo Lennart Johansson, chamado así en homenaxe ao expresidente da UEFA.
Os equipos máis laureados son o FC Barcelona e o Chelsea, con dous títulos cada un. O Chelsea foi o primeiro equipo en gañar dous títulos consecutivos en 2015 e 2016, mentres que o Barcelona saíu vencedor na tempada inaugural da competición e conseguiu o seu segundo trofeo en 2018. O campión actual é o Real Madrid.
Historia
[editar | editar a fonte]En maio de 2010 a UEFA organizou un partido, coñecido como o "Desafío UEFA sub-18", entre os equipos sub-18 do Bayern de Múnic e do Inter de Milán, tres días antes da final da Liga de Campións entre os respectivos primeiros equipos dos dous clubs. O Inter gañou o encontro por 2-0 con dous goles de Denis Alibec. O partido serviu de inspiración para a Liga Xuvenil da UEFA.[1][2][3]
Finalmente na tempada 2013/14 organizouse a primeira edición da Liga Xuvenil da UEFA. Os equipos xogaron unha fase de grupos coa mesma composición e calendario que a fase de grupos da Liga de Campións 2013-14.[3] Os dous primeiros clasificados de cada grupo participaron logo na fase eliminatoria. A diferenza da Liga de Campións, a fase de eliminatorias foi a partido único, disputándose as semifinais e a final en campo neutral, en Nyon.[3]
En abril de 2014, o FC Barcelona converteuse no primeiro campión, derrotando na final ao Benfica por 3-0.
Despois dun período de proba de dous anos, a Liga Xuvenil da UEFA converteuse nunha competición permanente da UEFA a partir da tempada 2015-16, expandíndose o torneo de 32 a 64 equipos para dar entrada aos campións nacionais xuvenís das 32 mellores federacións segundo o seu coeficiente UEFA. Os 32 equipos xuvenís dos clubs da fase de grupos da Liga de Campións conservan o formato da fase de grupos, pero clasificándose para oitavos de final só o primeiro de cada grupo, mentres que os segundos clasificados deben xogar uns play-offs. Os 32 campións nacionais disputan dúas roldas eliminatorias a ida de volta, e os oito vencedores pasan ao play-offs, onde xogan un único partido na casa contra os segundos clasificados dos grupos. A partir dos oitavos de final mantense o mesmo formato de eliminatorias a partido único.[4]
O Chelsea converteuse no primeiro equipo en repetir título, ao gañar as edicións 2014/15 e 2015/16. Na edición 2016/17 proclamouse campión o Red Bull Salzburgo austríaco, un ano antes de que o Barcelona gañase fronte ao Chelsea o seu segundo título. O Chelsea repetiu subcampionato na edición 2018/19, onde perdeu na final contra o Porto, mentres que ao ano seguinte o vencedor foi o Real Madrid. O equipo branco gañou o título contra o Benfica nunha final que se adiou dende abril ata agosto, por mor da pandemia de COVID-19, mesmo motivo polo que a competición non se celebrou na tempada 2020/21.[5]
Finais
[editar | editar a fonte]- Todas as semifinais e finais ata a data disputáronse no estadio Colovray de Nyon.
Tempada | Campión | Final | Subcampión | Semifinalistas |
---|---|---|---|---|
2013-14 | Barcelona | 3-0 | Benfica | Real Madrid |
Schalke 04 | ||||
2014-15 | Chelsea | 3-2 | Shakhtar Donetsk | Anderlecht |
Roma | ||||
2015-16 | Chelsea | 2-1 | París Saint-Germain | Anderlecht |
Real Madrid | ||||
2016-17 | Red Bull Salzburgo | 2-1 | Benfica | Barcelona |
Real Madrid | ||||
2017-18 | Barcelona | 3-0 | Chelsea | Manchester City |
Porto | ||||
2018-19 | Porto | 3-1 | Chelsea | Barcelona |
1899 Hoffenheim | ||||
2019-20 | Real Madrid | 3-2 | Benfica | Ajax |
Red Bull Salzburgo | ||||
2020–21 | Cancelado debido á pandemia de COVID-19 | |||
2021-22 | Disputándose |
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Por club
Club | Títulos | Subcampionatos | Edicións gañadas | Anos subcampión |
---|---|---|---|---|
Chelsea | 2 | 2 | 2015, 2016 | 2018, 2019 |
Barcelona | 2 | 0 | 2014, 2018 | - |
Red Bull Salzburgo | 1 | 0 | 2017 | - |
Porto | 1 | 0 | 2019 | - |
Real Madrid | 1 | 0 | 2020 | - |
Benfica | 0 | 3 | - | 2014, 2017, 2020 |
Shakhtar Donetsk | 0 | 1 | - | 2015 |
París Saint-Germain | 0 | 1 | - | 2016 |
- Por países
País | Títulos | Subcampionatos | Edicións gañadas | Anos subcampión |
---|---|---|---|---|
España | 3 | 0 | 2014, 2018, 2020 | - |
Inglaterra | 2 | 2 | 2015, 2016 | 2018, 2019 |
Portugal | 1 | 3 | 2019 | 2014, 2017, 2020 |
Austria | 1 | 0 | 2017 | - |
Ucraína | 0 | 1 | - | 2015 |
Francia | 0 | 1 | - | 2016 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Young stars take centre stage". UEFA (en inglés). 18 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ "Inter take Under-18 honours". UEFA (en castelán). 19 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2010. Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "UEFA Youth League club competition launched". UEFA (en inglés). 7 de decembro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 6 de novembro de 2013. Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ "UEFA Youth League retained and expanded". UEFA (en inglés). 18 de setembro de 2014. Consultado o 22 de outubro de 2021.
- ↑ "2020/21 UEFA Youth League cancelled". UEFA (en inglés). 17 de febreiro de 2021. Consultado o 22 de outubro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial no sitio web da UEFA (en inglés).