Liga de Campións da EHF 2010-11
Tipo | EHF Copa de Europa |
---|---|
Deporte | balonmán |
Organizador | Federação Europeia de Andebol (pt) |
Número de participantes | 33 |
Localización e Datas | |
Período de tempo | tempada 2010-2011 |
Número de edición | 51 |
Competición | |
Primeiro posto | FC Barcelona |
Datos estatísticos | |
Partidos | 154 |
Goles | 9.642 |
A tempada 2010-11 da Liga de Campións da EHF foi a 51ª edición da máxima competición continental de balonmán a nivel de clubs en Europa. O campionato arrancou en setembro de 2010 e rematou o 29 de maio de 2011 no Lanxess Arena de Colonia, onde tivo lugar a final a 4. A final enfrontou ó FC Barcelona Borges e ó BM Ciudad Real, co resultado final de 27 tantos a 24 a prol do conxunto catalán.
Formato
[editar | editar a fonte]O formato do torneo contou con 4 fases:
- A primeira fase foi a Rolda de Clasificación, con 12 equipos divididos en 3 grupos, nos que só o primeiro equipo de cada grupo acadou o pase para a seguinte fase.
- A segunda fase foi a Fase de Grupos. Os 24 equipos clasificados para esta fase divídense en 4 grupos, quedando cada grupo composto por 6 equipos. Dispútase unha liguiña, pasando os 4 mellores equipos de cada grupo á seguinte fase.
- A terceira fase foi a chamada Segunda Fase ou Rolda de Eliminatorias. Esta fase comeza cos oitavos de final, e remata cos cuartos de final. Os 4 equipos gañadores pasan á seguinte fase.
- A cuarta e última fase foi a final a 4, disputada no pavillón Lanxess Arena da cidade de Colonia. O sábado día 28 de maio leváronse a cabo as dúas semifinais, sendo a final e o encontro polo 3º e 4º posto o domingo día 29 de maio.
Rolda de Clasificación
[editar | editar a fonte]Nesta rolda participaron os equipos clasificados para a competición en última posición. Os encontros do grupo 1 disputáronse na cidade austríaca de Bregenz. Os encontros do grupo 2 disputáronse na cidade portuguesa de Porto. Os encontros do grupo 3 disputáronse na cidade alemá de Karlsruhe. Tódolos encontros leváronse a cabo entre os días 3 e 5 de setembro de 2010.
Grupo 1[editar | editar a fonte]
|
Grupo 2[editar | editar a fonte]
|
Grupo 3[editar | editar a fonte]
|
Fase de grupos
[editar | editar a fonte]Na fase de grupos comezou propiamente o campionato, cos 24 mellores equipos do continente, divididos en 4 grupos. Despois de que cada equipo disputase 10 encontros, os 4 primeiros equipos de cada grupo acadaron a clasificación para a seguinte rolda do campionato.
Grupo A[editar | editar a fonte]
|
Grupo B[editar | editar a fonte]
|
Grupo C[editar | editar a fonte]
|
Grupo D[editar | editar a fonte]
|
Segunda fase
[editar | editar a fonte]Oitavos de final
[editar | editar a fonte]Equipo local ida | Resultado | Equipo visitante ida | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
Kadetten Schaffhausen | 58 - 61 | Montpellier HB | 31 - 26 | 27 - 35 |
RK Zagreb | 55 - 58 | Rhein-Neckar Löwen | 28 - 31 | 27 - 27 |
FC Barcelona Borges | 54 - 51 | MKB Veszprém KC | 28 - 21 | 26 - 30 |
KIF Kolding | 53 - 72 | THW Kiel | 29 - 36 | 24 - 36 |
HSV Hamburg | 63 - 55 | Cuatro Rayas Valladolid | 28 - 22 | 35 - 33 |
Rukometni Klub Bosna | 39 - 61 | Chejovskie Medvedi | 22 - 31 | 17 - 30 |
SC Pick Szeged | 46 - 60 | SG Flensburg-Handewitt | 26 - 27 | 20 - 33 |
Chambéry Savoie Handball | 43 - 63 | Renovalia Ciudad Real | 24 - 27 | 19 - 36 |
Cuartos de final
[editar | editar a fonte]Equipo local ida | Resultado | Equipo visitante ida | Ida | Volta |
---|---|---|---|---|
Montpellier HB | 55 - 62 | Rhein-Neckar Löwen | 29 - 27 | 26 - 35 |
FC Barcelona Borges | 63 - 58 | THW Kiel | 27 - 25 | 36 - 33 |
HSV Hamburg | 75 - 61 | Chejovskie Medvedi | 38 - 24 | 37 - 37 |
SG Flensburg-Handewitt | 46 - 59 | Renovalia Ciudad Real | 24 - 38 | 22 - 21 |
Final a 4
[editar | editar a fonte]Competición | Liga de Campións da EHF | ||
Tempada | 2010-11 | ||
Estadio | Lenxass Arena (Colonia) | ||
Capacidade | 19.250 | ||
Campión | FC Barcelona Borges | ||
Finalista | Renovalia Ciudad Real | ||
Resultado | 27 - 24 | ||
|
Semifinais | Final | |||||
28 de maio | ||||||
Rhein-Neckar Löwen | 28 | |||||
FC Barcelona Borges | 30 | |||||
29 de maio | ||||||
FC Barcelona Borges | 27 | |||||
Renovalia Ciudad Real | 24 | |||||
Terceiro e cuarto posto | ||||||
28 de maio | 29 de maio | |||||
Renovalia Ciudad Real | 28 | Rhein-Neckar Löwen | 31 | |||
HSV Hamburg | 23 | HSV Hamburg | 33 |
A final enfrontou a dous clubs españois por 5ª ocasión na historia da máxima competición europea de balonmán. Foi a 11ª final para o FC Barcelona, e a 5ª para o Ciudad Real.
A vitoria do FC Barcelona Borges na final desta edición 2010-11 da Liga de Campións da EHF supuxo o 8º máximo título continental para o club catalán, o cal redundou no seu liderado no palmarés histórico das competicións europeas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outras competicións continentais
[editar | editar a fonte]- Liga de Campións da UEFA 2010-11 (Fútbol)
- Euroliga 2010-11 (Baloncesto)
- Heineken Cup 2010-2011 (Rugby)
- Copa de Europa de hóckey a patíns 2010-2011 (Hóckey a patíns)