Saltar ao contido

A1 Ethniki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liga de baloncesto de Grecia»)
Modelo:Competición deportivaA1 Ethniki
Tipoliga deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto masculino Editar o valor en Wikidata
OrganizadorHellenic Basketball Sociétés Anonymes Association (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Liga inferiorA2 Ethniki Editar o valor en Wikidata
Número de participantes12 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
PaísGrecia Editar o valor en Wikidata
Vixencia1928 – Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialesake.gr Editar o valor en Wikidata
Facebook: StoiximanGBL Twitter: StoiximanGBL Instagram: greek_basketball_league Youtube: UC0RK8N84HBgZo6cTih0zTCw Editar o valor en Wikidata

A A1 Ethniki (en grego: Α1 Εθνική, A1 Nacional), coñecida por motivos de patrocinio como Stoiximan Basket League,[1] é a máxima categoría do baloncesto grego entre clubs. Está organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos (en grego: ΕΣΑΚΕ, Esake, tamén coñecida en inglés como HEBA, Hellenic Basketball Clubs Association). O campionato de Primeira División é o denominado "A1", e é disputada por doce equipos que xogan entre eles entre os meses de outubro e xuño, xogando entre eles vinte e dous partidos de liga regular, cos oito mellores xogando un playoff para decidir o campión. Por outra banda, os dous último clasificados descenden á segunda categoría, a A2 Ethniki. Disputada por primeira vez na temporada 1927–28, tan só novo equipos diferentes conseguiron o título de campión, sendo o gran dominador o Panathinaikos, que gañou o campionato en máis de trinta ocasións. A liga grega está considereda como unha das 3 ou 5 mellores competicións domésticas do baloncesto europeo desde que se fan clasificacións das mesmas.

O baloncesto chegou a Grecia por primeira vez en 1910. En 1925 disputouse o primeiro campionato non oficial, e en 1927 comezou o primeiro campionato oficial. Hai tres diferentes períodos do campionato oficial. O primeiro período ou Panhellenic Championship tivo lugar entre 1927 e 1963, cando non había un campionato nacional e os campións de cada distrito xogaban entre eles para decidir o campión grego. O segundo ciclo ou A Ethniki comezou na tempada 1963-64, cando se fundou a Primeira División Grega (A Ethniki). En 1969, a EOK fíxose cargo das funcións da competencia e así o fixo ata 1992. A terceira etapa ou A1 Ethniki comezou na tempada 1986-87, cando foron fundadas a A1 (coa súa liga regular e playoffs) e a A2 (chamada A2 Ethniki ou Liga Grega A2).

A Liga Grega foi unha das ligas de baloncesto máis competitivas de Europa ao longo dos anos e foi amplamente considerada como a segunda mellor liga nacional do mundo logo da NBA na década dos '90. Na actualidade encóntrase entre as mellores ligas nacionais do mundo (a excepción da NBA), como a Liga ACB en España e a Lega A de Italia. É considerada unha das 3 mellores ligas de Primeira División de Baloncesto de Europa baixo a Europa League Rankings System. A liga ten varias grandes potencias, que pertencen aos máis tradicionais clubs de baloncesto de Europa, sobre todo os xigantes da Euroliga: Panathinaikos e o Olympiakos. Outros equipos que tiveron un importante éxito na historia do baloncesto grego foron o Aris Tesalónica e o AEK Atenas. Estes equipos, xunto co PAOK son considerados os equipos gregos de maior éxito. Só tres equipos participaron en tódolos campionatos dende a fundación da Primeira División en 1964: Panathinaikos e Aris Tesalónica.

Véxase tamén: A2 Ethniki.

As princpais categorías do baloncesto grego, na súa forma actual, están organizadas desde a temporada 1992−93 pola Asociación de Clubs de Baloncesto Helenos. Deste forma, trinta equipos de baloncesto profesional están divididos en dúas divisións diferentes. No campionato de Primeira División, chamado "A1", compiten doce equipos, mentres que no campionato de Segunda División, chamado "A2", compiten dezaseis. Os dous últimos equipos da clasificación da liga regular da A1 descenden á A2 Ethniki, mentres que os dous primeiros clasificados son ascendidos á A1.

En canto ao formato da máxima categoría, doce equipos xogan unha fase de liga regular onde se enfrontan todos entre si dúas veces, unha como local e outra como visitante. Os equipos que finalizan entre os postos cinco e oito xogan unha primeira rolda de eliminatorias ao mellor de tres partidos, pasando os dous eequipos vencedores aos cuartos de final, onde se enfrontan aos equipos que finalizaron no terceiro e cuarto posto. Esta eliminatoria tamén se xoga ao mellor de tres partidos. Finalmente, os dous equipos vencedores da rolda de cuartos enfróntanse en semifinais ao primeiro e segundo clasificados da liga regular. Esta eliminatoria xógase ao mellor de cinco. Finalmente, os vencedores enfróntanse na final polo título, tamén ao mellor de cinco, mentres que os dous equipos derrotados xogan outra eliminatoria polo terceiro posto.

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2022−23 da A1 Ethniki.

Equipo Cidade Periferia Pavillón Capacidade
AEK Atenas Ática OAKA Indoor Hall 19.443
Apollo Patras Patras Peloponeso Apollon Patras 3.500
Aris Tesalónica Macedonia Central Alexandrio Melathron 5.138
Ionikos Basket Nikaia Ática Gymnastírio Pláton 1.200
Karditsa Biologiko Xorio Karditsa Tesalia Gymnastírio Karditsas 3.500
Kolossos H Hotels Rodas Exeo Meridional Gymnastírio Kallitheas 1.400
Lavrio Megabolt Lavrio Ática Gymnastírio Lavrio 1.700
Olympiacos O Pireo Ática Eirinis kai Filias 12.300
Panathinaikos Atenas Ática ΟΑΚΑ 19.443
PAOK Mateco Tesalónica Macedonia Central Kleistó Gípedo PAOK 8.162
Peristeri bwin Peristeri Ática Andreas Papandreou 4.000
Promitheas Patras Patras Grecia Occidental Dimitris Tofalos 4.200

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Por equipo

[editar | editar a fonte]
Títulos Club Anos
39 Panathinaikos 1945–46, 1946–47, 1949–50, 1950–51, 1953–54, 1960–61, 1961–62, 1966–67, 1968–69, 1970–71, 1971–72, 1972–73, 1973–74, 1974–75, 1976–77, 1979–80, 1980–81, 1981–82, 1983–84, 1997–98, 1998–99, 1999–00, 2000–01, 2002–03, 2003–04, 2004–05, 2005–06, 2006–07, 2007–08, 2008–09, 2009–10, 2010–11, 2012–13, 2013–14, 2016−17, 2017−18, 2018−19, 2019−20, 2020−21
14 Olympiacos 1948–49, 1959–60, 1975–76, 1977–78, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 1995–96, 1996–97, 2011–12, 2014–15, 2015–16, 2021–22, 2022–23
10 Aris 1929–30, 1978–79, 1982–83, 1984–85, 1985–86, 1986–87, 1987–88, 1988–89, 1989–90, 1990–91
8 AEK 1957–58, 1962–63, 1963–64, 1964–65, 1965–66, 1967–68, 1969–70, 2001–02
6 Panellinios 1928–29, 1938–39, 1939–40, 1952–53, 1954–55, 1956–57
2 Iraklis 1927–28, 1934–35
PAOK 1958–59, 1991–92
1 Near East 1935–36
Panepistímion Athinón 1936–37

Finais da A1

[editar | editar a fonte]
Tempada Factor cancha favorable Resultado Factor cancha en contra Primeiro clasificado
da liga regular
Balance
1992–93 Panathinaikos 1–3 Olympiacos PAOK 22–4
1993–94 Olympiacos 3–2 PAOK Olympiacos 22–4
1994–95 Olympiacos 3–2 Panathinaikos Olympiacos 24–2
1995–96 Olympiacos 3–2 Panathinaikos Olympiacos 24–2
1996–97 Olympiacos 3–1 AEK Atenas Olympiacos 21–5
1997–98 Panathinaikos 3–0 PAOK Olympiacos 21–5
1998–99 Olympiacos 2–3 Panathinaikos Olympiacos 21–5
1999–00 Panathinaikos 3–0 PAOK Olympiacos 21–5
2000–01 Panathinaikos 3–2 Olympiacos Panathinaikos 22–4
2001–02 AEK Atenas 3–2 Olympiacos AEK Atenas 23–3
2002–03 Panathinaikos 3–1 AEK Atenas Panathinaikos 21–5
2003–04 Panathinaikos 3–0 Maroussi Panathinaikos 22–4
2004–05 Panathinaikos 3–1 AEK Atenas Panathinaikos 22–4
2005-06 Panathinaikos 3–0 Olympiacos Panathinaikos 24–2
2006-07 Panathinaikos 3–2 Olympiacos Panathinaikos 24–2
2007-08 Panathinaikos 3–2 Olympiacos Panathinaikos 23–3
2008-09 Olympiacos 1–3 Panathinaikos Olympiacos 25–1
2009-10 Panathinaikos 3–1 Olympiacos Panathinaikos 25–1
2010-11 Olympiacos 1–3 Panathinaikos Olympiacos 26–0
2011-12 Olympiacos 3-2 Panathinaikos Olympiacos 23–1
2012–13 Olympiacos 0–3 Panathinaikos Olympiacos 25–1
2013–14 Panathinaikos 3–2 Olympiacos Panathinaikos 25–1
2014–15 Olympiacos 3–0 Panathinaikos Olympiacos 25–1
2015–16 Olympiacos 3–1 Panathinaikos Olympiacos 25–1
2016–17 Olympiacos 2–3 Panathinaikos Olympiacos 25–1
2017–18 Panathinaikos 3–2 Olympiacos Panathinaikos 26–0
2018–19 Panathinaikos 3–0 Promitheas AEK Atenas 18–8
2019–20 O Panathinaikos proclamouse campión tras o parón da liga debido á pandemia de COVID-19 Panathinaikos 18–2
2020–21 Panathinaikos 3–1 G.S. Lavrio Panathinaikos 20–2
2021–22 Olympiacos 3–0 Panathinaikos Olympiacos 23–1
2022–23 Olympiacos 3–1 Panathinaikos Olympiacos 22–0
Club Vitorias Derrotas Total
Panathinaikos 19 8 27
Olympiacos 10 14 24
Aris 4 0 4
PAOK 1 6 7
AEK 1 3 4
Panionios 0 1 1
G.S. Maroussi 0 1 1
Promitheas 0 1 1
G.S. Lavrio 0 1 1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]