A.O. Near East
Near East | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Αθλητικός Όμιλος Νήαρ Ηστ Καισαριανής |
Liga | G Ethniki |
Fundación | 1927 |
Cores | Vermello, branco |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Near East |
Capacidade | 1.300 |
Campionatos | |
Liga | 1 (1936) |
O A.O. Near East Kesariani (en grego: Α.Ο. Νήαρ Ηστ Καισαριανής) é un dos clubs de baloncesto máis antigos de Grecia. Fundado en 1927, ten a súa sede en Kaisariani, Atenas (Ática). Actualmente xoga na G Ethniki, cuarta categoría do baloncesto heleno. O seu pavillón como local é o Near East, recinto con capacidade para 1.300 espectadores. Posúe nas súas vitrinas un título de campión da Liga de Grecia, o cal conseguiron en 1936.
Historia
[editar | editar a fonte]O Near East B.C. foi un dos equipos que participaron no primeiro torneo Pan-Helénico de Baloncesto, o cal tivo lugar en Tesalónica. En 1936, o equipo gaña o seu primeiro título oficial da Liga de Grecia tras derrotar na final ao equipo da Universidade de Atenas en Tesalónica. Con todo, este trofeo é o único título de liga que posúe até a actualidade o club.[1] En 1937 estiveron cerca de conseguir revalidar o campionato, mais foron derrotados precisamente na final ante a Univesidade de Atenas. Nos últimos anos o equipo conseguiu loitou para conservar a súa praza nas máximas categorías do baloncesto heleno. En 1998, o equipo gañou o título da A2 Ethniki, a segunda división, conseguindo o ascenso. Pouco despois, nos anos 2000 e 2001, o equipo competiu na Copa Korać. Na edición de 2000 clasificouse até a terceira rolda, onde foi eliminado polo Nikas Peristeri, mentres que na edición de 2001 chegaron a xogar o Top 16, mais foron eliminados ante o Telit Trieste. Con todo, en 2002 perde a categoría, sendo esta a súa última participación na primeira división até o momento.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Liga
- Campións (1): 1935-36
- Segunda División
- Campións (1): 1997-98
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]Kostas Tsartsaris
Christos Tapoutos
Giorgos Karagkoutis
Vassilis Xanthopoulos
Kostas Politis
Kostas Kaimakoglou
Marios Batis
Nikos Papanikolopoulos
Antonios Asimakopoulos
Nikos Vetoulas
Vangelis Vourtzoumis
Dimitris Fosses
Anatoly Zourpenko
Franko Nakić
Anthony Bowie
Shawn Respert
Randy White
David Vaughn III
Lynn Greer
Andrés Guibert
Shane Heal
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About the A1 Basket League". Agona Sport (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018.