Ligamento lateral externo do cóbado
Aparencia
O ligamento lateral externo do cóbado ou radial colateral é un ligamento do membro superior humano, pertencente á articulación úmero-radial, que forma parte do cóbado. Orixínase no epicóndilo lateral umeral para inserirse no bordo lateral ou externo do cúbito. Durante o seu traxecto pode estender febras ao ligamento anular do cóbado. Está adherido ao músculo supinador longo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.