Liliana Borzacconi
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1763 ![]() Uruguai ![]() |
Educación | Universidade da República ![]() |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeira química ![]() |
Liliana Borzacconi Vidal é unha enxeñeira química uruguaia, docente titular da Universidade da República do Uruguai.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]No 1981, Borzacconi obtivo o título de Enxeñaría Química na Universidade da República do Uruguai. Na mesma institución obtivo tanto o máster como o Doutoramento en Enxeñaría Química, no 1995 e 1998 respectivamente. A súa tesis doutoral denominouse "Tratamento biolóxico de lixiviado de recheo sanitario". Desde 1981 comezou a desempeñarse como docente de Enxeñaría Química na Facultade de Enxeñaría da Universidade da República, cargo que aún desempeña.
Desde comezos da década de 1990 comezou a levar a cabo proxectos de investigación que involucran temas como a produción de biogás a partir de materia orgánica, o deseño de reactores para o tratamento anaerobio de efluentes e alternativas para o manexo integral de residuos domésticos. Ademais do seu papel como docente, Borzacconi foi conselleira da facultade, integrante de comisións de investigación científica, directora do Instituto de Enxeñaría Química e presidenta do Consello Nacional de Investigacións Científicas e Técnicas CONICYT, entre outras actividades.[3]
Liliana forma parte do grupo de investigación BIOPROA (Biotecnoloxías de Procesos para o Ambiente), organización creada co fin de resolver problemas ambientais a través do tratamento biolóxico de residuos xerados pola industria, mediante un sistema anaerobio que ten como beneficio a xeración de enerxía en forma de biogás.[4] En 2008 foi receptora do Primeiro Premio do IV Encontro de Enxeñaría Química outorgado pola Asociación de Enxeñeiros Químicos do Uruguai. Publicou máis de trinta artigos científicos en revistas e contribuíu con capítulos de libros.[1][3]
Escolma de publicacións
[editar | editar a fonte]- Tratamiento anaeróbico de la vinaza de caña de azúcar: tratabilidad y operación a escala real (2017)
- Comunidades microbianas de veinte diferentes reactores productores de hidrógeno estudiadas mediante 454 pirosecuencias (2016)
- Producción de hidrógeno en un reactor anaeróbico de lecho compacto de flujo ascendente para el tratamiento de suero de queso (2013)
- Reactor UASB modificado para aguas residuales de la industria láctea: indicadores de rendimiento y comparación con el enfoque tradicional (2012)
- Nuevo concepto de reactor anaerobio para el tratamiento de efluente lácteo (2011)
- Generación de lodos y evolución de la biomasa de un reactor UASB a escala real tratando efluente de maltería (2007)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cuatro ingenieras sobresalientes Fundación Julio Ricaldoni. 12 de diciembre de 2017. Consultado el 9 de marzo de 2019.
- ↑ Ing. Liliana Borzacconi INIA Uruguay. 5 de septiembre de 2016. Consultado el 9 de marzo de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 Liliana Borzacconi, presidenta del CONICYT: “Señales muy alentadoras para la comunidad científica uruguaya” Sociedad Uruguaya. 20 de marzo de 2009.
- ↑ Desarrollan sistema para generar combustible a partir de efluentes industriales Radio Mundo. 28 de septiembre de 2016. Consultado el 9 de marzo de 2019.