Limantriinos (tribo)
Lymantriini | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
A tribo dos limantriinos (Lymantriini) é unha das tribos de insectos lepidópteros da superfamilia dos noctuoideos, familia dos erébidos, unha das incluídas na subfamilia dos limantriinos.[1][2]
Esta tribo é un grupo de avelaíñas polifáxicas (que teñen grandes dexesos de comeren) que viven principalmente nas rexións tropicais de África e Eurasia, pero tamén en América do Norte.
Características
[editar | editar a fonte]Dentro da subfamilia dos limantriinos, os Liymantriini distínguense das outras tribos pola presenza de bandas escuras, xeralmente en zig-zag (ás veces en forma de media lúa) nas ás dianteiras, e con marcas en forma de "V" nas ás, así como unha mancha discal e outra rbicular. Tamén se caracterizan pola falta de aréola.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A tribo foi descrita en 1893 polo entomólogo inglés George Francis Hampson.[2]
Sinónimo
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome válido, o tribo coñeceuse tamén polo sinónimo:
- Lymantriina Hampson, 1893 (Erro ortográfico).
Xéneros
[editar | editar a fonte]A tribo comprende os seguintes xéneros:[2]
- Abakabaka Griveaud, 1976
- Dasychiroides Bethune-Baker, 1904
- Dura Moore, 1879
- Habrophylla Turner, 1921
- Icta Walker, 1855
- Imaus Moore, 1879
- Iropoca Turner, 1904
- Leptocneria Butler, 1886
- Lymantria Hübner, 1819
- Psilochira Toxopeus, 1948
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lymantriini Arquivado 02 de maio de 2021 en Wayback Machine.no ITIS. Consultado o 29 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Lymantriini Hampson, 1893 en BioLibcz. Consultado o 29 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Limantriinos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Kühne, L. (2010): "Taxonomische Ergebnisse der bearbeitung der nachtfalterfauna des südlichen Afrikas (Lepidoptera: Noctuoidea)". Esperiana Memoir 5: 433–456.
- Lafontaine, J. D. & Schmidt, B. C. (2010): "Annotated check list of the Noctuoidea (Insecta, Lepidoptera) of North America north of Mexico". Zookeys 40: 1–239.
- Wang, H., Wahlberg, N., Holloway, J. D., Bergsten, J., Fan, X., Janzen, D. H., Hallwachs, W., Wen, L., Wang, M. & Nylin, S. (2015): "Molecular phylogeny of Lymantriinae (Lepidoptera, Noctuoidea, Erebidae) inferred from eight gene regions". Cladistics 31 (6): 579–592.
- Witt, T. J. & Ronkay, L., eds. (2011): Noctuidae Europaeae. Volume 13. Lymantriinae and Arctiinae, including phylogeny and check list of the quadrifid Noctuoidea of Europe. Sorø: Entomological Press. ISBN 978-87-89430-18-8.