Limnodromus
Limnodromus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Limnodromus griseus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Scolopax grisea Gmelin, 1789 | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Limnodromus é un xénero de aves limícolas da orde das caradriformes e familia dos escolopácidos.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1833 polo príncipe e naturalista alemán Maximilian zu Wied-Neuwied,[1][2], nun traballo publicado en Beitr. Naturgesch. Brasil 4: 716.[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico Limnodromus, foi creado por Maximilian zu Wied-Neuwied, para dar cabida a unha única especie (a actual Limnodromus griseus).[3][4]
E está formado pola unión dos elementos Limno- e -dromus, ambos os dous tirados das voces do grego antigo, λιμνη límnē, "lago", "lagoa", e δρομάς, δρομάδος dromás, dromádos, "corredor".[5]
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]
- Lymnodromus Gray, 1841
- Macroramfus S.D.W., 1836
- Macroramphus Lesson, 1828
- Macrorhamphus E.Forster, 1817
- Macrorhamphus Leach, 1816
- Pseudoscolopax Blyth, 1859
Especie tipo
[editar | editar a fonte]A especie tipo é Scolopax grisea, hoxe Limnodromus griseus.[6]
Especies e subespecies
[editar | editar a fonte]O xénero comprende tres especies,[2] que se distribúen por Asia e América do Norte, aínda que as dúas especies americanas chegan esporádicamente a Galicia, onde son coñecidas como mazaricos.[7]
- Limnodromus griseus (Gmelin, 1789) - (Norteamérica)
- Limnodromus griseus caurinus Pitelka, 1950
- Limnodromus griseus griseus (Gmelin, 1789)
- Limnodromus griseus hendersoni Rowan, 1932
- Limnodromus scolopaceus (Say, 1823) - (Norteamérica)
- Limnodromus semipalmatus (Blyth, 1848) - (Asia)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Limnodromus griseus (Gmelin, 1789) no GBIF. Consultado o 5 de decembro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Limnodromus Wied-Neuwied, 1833 na BioLib. Consultada o 5 de decembro de 2022.
- ↑ Wied-Neuwied, Maximilian (1833): Beiträge zur Naturgeschichte von Brasilien. Vol. 4, Part xx. Weimar: Im Verlage des Landes-Industrie-Comptoirs, p. 716.
- ↑ Peters, James Lee, ed. (1934): Check-List of Birds of the World. Vol. 2. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press, p. 272.
- ↑ Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Londres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, p. 227.
- ↑ Scolopax grisea Gmelin, 1789 no GBIF.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999): "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" Arquivado 15 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Chioglossa 1: 121–138.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Limnodromus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Limnodromus |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- del Hoyo, Josep; Andrew Elliott & Jordi Sargatal, eds. (1966): Handbook of the Birds of the World. Volume 3. Hoatzin to Auks. Barcelona: Lynx Editions. ISBN 978-84-8733-420-7.
- Peter Hayman, John Marchant & Tony Prater (1991): Shorebirds: An Identification Guide to the Waders of the World. Boston: Houghton Mifflin. ISBN 978-0-3956-0237-9.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Zoonomen. "Birds of the World -- current valid scientific avian names.". Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2009. Consultado o 5 de decembro de 2022.