Limo
O limo (do latín limus, 'lodo', 'barro', 'sedimento') é un material solto cunha granulometría comprendida entre á da area fina e á da arxila.
É un sedimento clástico incoherente transportado en suspensión polos ríos e polo vento, que se deposita no leito dos cursos de auga ou sobre os terreos que foron inundados.
Para que se clasifique como tal, o diámetro das partículas de limo ten que oscilar entre os 0,002 mm e os 0,06 mm.
É típico e famoso o limo depositado polo río Nilo despois das inundacións periódicas que achegaban terreo fértil para a agricultura desde o antigo Exipto até que este fluxo se interrompiu pola construción da presa de Asuán.
Ao non ter cohesión, é un terreo problemático para edificar sobre el e, en obras de arquitectura ou enxeñaría, é necesario adoptar sistemas especiais de cimentación.
Pódense distinguir:
- o limo orgánico, formado por barro mesturado con restos vexetais, e
- o limo inorgánico, con inclusión de po de rochas. Neste tipo encóntrase o loess pampeano ou o chinés; é un limo fino, sen estratificación.
Granulometría
[editar | editar a fonte]Dentro da clasificación granulométrica das partículas do solo, os limos ocupan o seguinte lugar na escala:
Partícula | Tamaño |
---|---|
Arxilas | < 0,002 mm |
Limos | 0,002 – 0,06 mm |
Areas | 0,06 – 2 mm |
Gravas | 2 – 60 mm |
Cantos rolados | 60 – 250 mm |
Bloques | >250 mm |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Limo |