Linda Leppänen
(2022) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 31 de maio de 1990 (34 anos) Ylöjärvi, Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 130 lb | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogadora de hóckey sobre xeo, adestrador de hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Finlandia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | hóckey sobre xeo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Mano para tirar | right-handed shot (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Xogos Olímpicos de Inverno de 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
febreiro de 2014 | Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
febreiro de 2010 | Xogos Olímpicos de Inverno de 2010 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Linda Leppänen (de solteira Välimäki), nada en Ylöjärvi o 31 de maio de 1990 é unha ex xogadora finlandesa de hóckey sobre xeo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Inicios
[editar | editar a fonte]Linda Välimäki naceu en Ylöjärvi, a rexión de Pirkanmaa (Finlandia), o 31 de maio de 1990. Välimäki comezouu a práctica do hóckey sobre xeo no equipo da súa cidade, o Ylöjärven Ilves.[1]
Últimos anos como xogadora
[editar | editar a fonte]No verán de 2019 Välimäki anunciaba que puña fin á súa carreira como xogadora aos 29 anos por motivos familiares. En novembro dese mesmo ano publicou nas súas redes sociais que estaba embarazada.[2]
Salto aos banquillos
[editar | editar a fonte]Na primavera de 2020 o seu antigo equipo, Ilves Naiset, nomeouna como nova adestradora xefa. A falta de experiencia de Leppänen como adestradora fixo que axiña saltaron críticas por non ofrecer o posto a unha persoa cunha maior traxectoria, preguntándose mesmo as voces críticas que podía achegar ao xogo e ao equipo o nomeamento de Leppänen que non fora publicidade momentánea.[3]
Na tempada 2021-22, o Ilves finalizou a liga regular na cuarta posición logo de encadear seis derrotas consecutivas. As súas rivais nos cuartos de final dos play-offs foron as xogadoras do TPS (quintas clasificadas) contra as que caeu en catro encontros (1-3).[4][5] O día seguinte da eliminación das series polo título, o Ilves anunciou que Leppänen non continuaría no posto de adestradora xefe na tempada 2022-23, e en declaracións ao xornal Aamulehti, a xa ex adestradora sinalaba novamente motivos familiares.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Linda Leppänen" (en inglés). eliteprospects.com. Consultado o 11 de febreiro de 2023.
- ↑ Huttunen, Sasha (15 de novembro de 2019). "Naisleijonien tähti lopetti yllättäen 29-vuotiaana – julkaisi nyt kuvan iloisesta perheuutisesta: ”Elmo se on”". Iltalehti (en finés). Consultado o 11 de febreiro de 2023.
- ↑ Sirkkiä-Jarva, Sari (1 de marzo de 2021). "Viimeisillään raskaana ollut Naisleijonien tähti hyppäsi kylmiltään valmentajaksi ja sai kritiikkiä – Linda Leppäsen Ilves on hiljentänyt soraäänet". Yle.fi (en finés). Consultado o 9 de decembro de 2021.
- ↑ Pajala, Mikko (20 de marzo de 2022). "Ilves lähtee pudotuspeleihin kuuden ottelun tappioputkessa: ”Olisihan voitto tehnyt hyvää itseluottamukselle”". Aamulehti (en finés). Consultado o 2 de abril de 2022.
- ↑ Raunio, Antti (31 de marzo de 2022). "Ilveksen kausi päättyi kotitappioon – Päävalmentaja paketoi kauden: ”Korona on tuonut tähänkin kauteen omat mausteensa”". Aamulehti (en finés). Consultado o 2 de abril de 2022.
- ↑ Raunio, Antti (1 de abril de 2022). "Linda Leppänen ei jatka Ilveksen päävalmentajana: ”En ole mitään sulkenut elämästäni pois”". Aamulehti (en finés). Consultado o 2 de abril de 2022.