Lingua abrón
Aparencia
Abron | ||
---|---|---|
Falado en: | Ghana | |
Total de falantes: | 1,2 millóns (1993-2003) | |
Familia: | Níxer-congo Atlántico-congo Kwa Potou-tano Tano Tano central Akan Abron | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | abr
| |
Mapa | ||
Status | ||
O abrón é unha lingua kwa, pertencente ao grupo akan falada en Ghana.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]No suroeste de Ghana concéntrase case o 80% dos falantes de abrón, o 20% restante vive na rexión de Costa do Marfil fronteiriza con Ghana.
Escrita e usos sociais
[editar | editar a fonte]En 1962 tradúcese a Biblia e dende 1975 apareceron diversas obras didácticas para a aprendizaxe do abrón. En 1999 creouse a organización Sannbefa, coa pretensión de promover as linguas tradicionais de Costa do Marfil, especialmente o abrón, puxo en marcha catro centros de alfabetización para adultos en abrón e publicou diversos manuais didácticos e culturais en abrón (Guide d'orthographe abron (1999), Je veux apprendre la langue abron (2000) para facer fronte á perda lingüística en favor do francés nas vilas abrón de Costa do Marfil.