Lingua adele
Aparencia
Adele (Gidire, en adele) é unha lingua níxer-congo do grupo kwa, falada en Togo e Ghana.
Distribución xeográfica
[editar | editar a fonte]En Togo fálase nunha pequena rexión do centro oeste fronteiriza con Ghana, Koué Mpotì e Yégué son as principais localidades adele.
En Ghana fálase en Tutukpene e Nkwanta, próximas á fronteira de Togo
Falantes
[editar | editar a fonte]27.300 (2003)
- Togo: 16.300
- Ghana: 11.000
Dialectos
[editar | editar a fonte]- Adele este: Togo
- Adele oeste: Ghana
Escrita
[editar | editar a fonte]Johann Gottlieb Christaller estudou a lingua en 1894. Actualmente a produción escrita é escasa, limítase a obras relixiosas, entre as que destaca a tradución do Novo Testamento (1996)