Saltar ao contido

Lingua analítica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha lingua analítica é unha lingua na que a maior parte dos seus morfemas son morfemas libres aos que se considera «palabras» con significado propio. Por contra, nunha lingua sintética, as palabras compóñense de morfemas aglutinados ou fundidos que denotan o carácter sintáctico da palabra.

O chinés falado é o exemplo representativo de lingua analítica máis famoso. Para ilustralo podemos observar o seguinte exemplo:

«Tódolos meus amigos queren comer ovos.» "My all friends want to eat eggs".
朋友
de péngyou men dōu yào chī dàn
Eu posesivo amigo plural todo querer comer ovo

Tal e como se observa no exemplo arriba indicado, case sempre se corresponde unha sílaba cun concepto. Se comparamos o chinés e o galego, obsérvase que o galego non comparte as características analíticas do chinés, xa que o galego emprega bastantes sufixos para marcar, por exemplo, número/-s/ e xénero /-ou/ en substantivos e determinantes; persoa en determinantes e verbos; así como no verbo marcan aspecto, número, modo e tempo. Se comparamos a oración do exemplo en chinés e a súa tradución ao inglés, obsérvase que aínda que o inglés é unha lingua algo analítica (bastante máis có galego), tamén contén algúns trazos aglutinantes, tales como o morfema derivativo sufixo -/s/ para marcar o plural nos substantivos "friend" e "egg".

Fóra da China, no Sueste Asiático existen moitas linguas analíticas, por exemplo as linguas tai e o vietnamita.

Cando unha lingua analítica se compara cunha lingua altamente sintética, por exemplo o alemán, o contraste é evidente:

Der Mann Die Männer
«O».masculino.nominativo.singular «home».singular «Os».nominativo.plural «homes».plural

No exemplo obsérvase que o morfema alemán «Der» correspóndese asemade con catro conceptos distintos, e o morfema «Die» refírese a tres conceptos (o alemán non distingue xénero en plural), pero as normas que establecen a relación entre «der» e «die» desta forma son bastante arbitrarias¹, o cal prové unha natureza fusional a este conxunto de morfemas. Ademais, a palabra «Männer» correspóndese con dous conceptos e relaciónase coa palabra «Mann» tanto mediante a marca de plural /-er/ como co proceso de umlaut que cambia a vogal «a» pola «ä» en moitos plurais da lingua alemá. Desta forma, a formación de plurais en alemán está gobernada por unha norma de carácter flexivo. Como conclusión, pódese dicir que a tipoloxía lingüística do alemán atópase entre as linguas aglutinantes e as Linguas fusionais.

¹Ademais, os morfemas "der" e "die" tamén poden ser artigo determinado feminino singular, dependendo do caso.

Trazos das linguas analíticas

[editar | editar a fonte]

A orde das palabras nas linguas analíticas está gobernado por regras sintácticas moi estritas e elaboradas. Isto débese a que as palabras non contan con marcas morfolóxicas para mostrar o seu papel sintáctico, polo que a orde das mesmas é moi significativa. Por exemplo, o chinés e o inglés utilizan a orde das palabras para mostrar a relación suxeito-obxecto. O chinés tamén emprega a orde da secuencia de palabras para mostrar se un artigo é determinado ou indeterminado, a relación entre rema e tema, o papel dos adverbios (se son descritivos ou contrastivos) etcétera.

Ademais, as linguas analíticas adoitan tender a depender bastante no contexto e en consideracións pragmáticas para interpretar a información da oración, xa que non especifican tanto como as linguas sintéticas en termos tales como a concordancia e referencialidade entre distintas partes da oración.