Saltar ao contido

Lingua archi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Archi
аршаттен чIат
Pronuncia:/ɑːrˈtʃiː/
Falado en: Rusia
Rexións: Daguestán
Total de falantes: 910 (censo de 2010)
Familia: Caucásico nororiental
 Lezguio
  Archi
Escrita: Alfabeto cirílico (desenvolvido en 2006 baseándose no alfabeto avar)
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: aqc
Mapa
Status

A lingua archi é unha lingua caucásica nororiental falada polo pobo archi que habita na vila de Archib, no sur de Daguestán, Rusia, e noutras seis vilas máis pequenas.

É infrecuente polos seus numerosos fonemas e polo contraste entre as varias fricativas laterais velares xordas, /ʟ̝̊, ʟ̝̊ʷ, ʟ̝̊ː, ʟ̝̊ːʷ/, africadas laterais velares xordas e africadas laterais velares exectivas, /k͡ʟ̝̊, k͡ʟ̝̊ʷ, k͡ʟ̝̊ʼ, k͡ʟ̝̊ʷʼ/, e unha forma fricativa velar lateral sonora, /ʟ̝/. É unha lingua ergativa con catro clases de substantivos[1] e ten un salientable sistema morfolóxico con enormes paradigmas e irregularidades en tódolos niveis.[2] Matematicamente, existen 1 502 839 formas posibles que poden derivar dunha única raíz verbal.[3]

  1. "The Archi language tutorial, presenting an overview of the grammar of Archi" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de setembro de 2011. Consultado o 04 de setembro de 2011. 
  2. "Archi language home page of the Surrey Morphology Group". Arquivado dende o orixinal o 01 de marzo de 2015. Consultado o 14 de marzo de 2015. 
  3. Kibrik, A. E. (2001). "Archi (Caucasian—Daghestanian)", The Handbook of Morphology, Blackwell, pg. 468