Lingua badeshi
Badeshi | ||
---|---|---|
Outros nomes: | ![]() | |
Falado en: | Paquistán | |
Rexións: | Val de Bishigram | |
Total de falantes: | 3[1] (2018) | |
Familia: | Indoeuropea Indoirania Indoaria Badeshi | |
Escrita: | Alfabeto árabe[2] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | bdz
| |
Mapa | ||
Status | ||
![]() |
A lingua badeshi é unha lingua indoaria sen clasificar falada en Paquistán. A lingua está nunha situación de grave perigo e considérase en risco de extinción. En 2018 a BBC atopou tres homes que aínda podían falar a lingua.[1]
Muhammad Zaman Sagar, un lingüista de campo conectado ao Forum for Language Initiative, traballou nesta lingua. Porén, o resultado da súa investigación de dous anos foi a recollida dunhas cen palabras.[1] En xullo de 2007, visitou o val de Bishigram de novo e estivo varios días coa xente do lugar. Hai esforzos para conservar un rexistro da lingua polo lingüista Zubair Torwali entre outros.[4]
En 2018, xornalistas da BBC atoparon tres anciáns (Said Gul, Ali Sher e Rahim Gul) que aínda podían falar o badeshi no Val de Bishigram, no norte de Paquistán.[1] Dixeron que a lingua torwali substituíu o badeshi na súa aldea. Os homes tamén traballaran en zonas turísticas do val de Swat onde falaban paxto. Algunhas frases recollidas en badeshi son:
- Meen naao Rahim Gul thi - O meu nome é Rahim Gul
- Meen Badeshi jibe aasa - Eu falo badeshi
- Theen haal khale thi? - Como estás?
- May grot khekti - Xa comín
- Ishu kaale heem kam ikthi - Non hai moita neve este ano[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Syed, Zafar (2018-02-26). "Only three people speak this language". BBC News (en inglés). Consultado o 2018-02-26.
- ↑ "Usage of Nasta'liq in the Modern Publications - Typography Day" (PDF). Typography Day.
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Khaliq, Fazal (10 de xaneiro de 2018). "Swat's ancient language breathing its last". DAWN.COM. Consultado o 5 de decembro de 2018.