Lingua chukchi
Chukchi лыгъоравэтлъэн йилыйил | ||
---|---|---|
Falado en: | Rusia | |
Rexións: | Chukotka | |
Total de falantes: | 7.742 (censo de Rusia 2002) | |
Familia: | Linguas chukotko-kamchatkanas Norte Chukchi | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | ckt
| |
Mapa | ||
![]() | ||
Status | ||
![]() |
A lingua chukchi[2] (лыгъоравэтлъэн йилыйил, łygˀoravetłˀɛn jilǝjil), tamén luoravetlana, chukcha é unha das linguas paleosiberianas faladas polos chukchis no punto máis extremo de Siberia, en especial no Okrug Autónomo de Chukotka.
Falantes
[editar | editar a fonte]Conforme o Censo ruso de 2002, cerca de 7.700 (outras [3] estimativas indican hoxe 10.400) dos 15.700 Chukchis falan Chukchi. O coñecemento da lingua Chukchi vén caendo e a maioría dos Chukchis falan ruso e apenas 500 din non falar ruso. O chukchi relaciónase co koryak, e a metade dos chukchis entenden esa lingua. A lingua, xunto co koryak, o kerek, o alutor, o itelmen, forma parte das linguas chukotko-kamchatkanas.
No "Libro vermello das Linguas en Extinción (Red Book of Endangered Languages) da UNESCO o chukchi está listado como unha lingua en proceso de extinción.
Uso do idioma
[editar | editar a fonte]Moitos dos chukchis aínda usan a lingua como primeiro medio de comunicación, tanto na familia, como nas actividades de pastoreo, crianza de renos e tamén nalgunhas actividades de negocios. O chukchi é tamén usado nos "Media", Radio e Televisión. Porén, o ruso vén aumentando nas actividades administrativas, sendo tamén unha lingua franca nos territorios veciños habitados por non-chukchis, como koryak e iacut. Case todos os chukchis falan ruso, con maior ou menor fluencia e dominio. Na educación, o chukchi é a lingua primeira, na escola elemental, porén, a educación secundaria é en "ruso" mentres que o "chukchi" é só unha materia.
Un escritor chukchi, "Yuri Rytkheu" (1930-2008) adquiriu moita reputación tanto en Rusia como en Europa Occidental, coa maioría dos seus libros escritos en ruso, non en chukchi.
Influencias externas
[editar | editar a fonte]Non hai aínda un estudo definitivo sobre influencias externas no chukchi. Aínda está indefinida a real relación da lingua coas Linguas esquimó-aleutianas. As pescudas son difíciles por mor da falta de suficientes rexistros escritos. A influencia por contacto coa Lingua rusa está a medrar e consiste no uso de palabras rusas e algunha presión na sintaxe superficial. Esta última pódese observar na comunicación escrita, porén, non na conversa cotiá.
Ortografía
[editar | editar a fonte]No inicio do século XX, Vladimir Bogoraz, un revolucionario ruso exiliado en Chukotka, descubriu mostras de escrita pictográfica feitas por Tenevil, un criador de renos. A escrita de Tenevil era da súa invención e nunca foi usada fóra do seu grupo familiar. Ata 1931 non había unha ortografía oficial, aínda que houbo diversas tentativas no século XIX para escribir de textos relixiosos. O Chukchi escribíase orixinalmente no alfabeto latino, porén, en 1930 cambiouse ao alfabeto cirílico. A primeira gramática foi escrita en 1922 por Vladimir Bogoraz. Bogoraz escribiu tamén un estudo etnográfico sobre a lingua. Porén, desde aquela poucos libros e xornais foron escritos en chukchi, A lingua pódese escoitar no radio e na televisión preto dunha hora por día.
Alfabeto Latino para chukchi:
А а | Ā ā | B b | C c | D d | Е е | Ē ē | Ә ә |
Ә̄ ә̄ | F f | G g | H h | I i | Ī ī | J j | K k |
L l | M m | N n | Ŋ ŋ | O o | Ō ō | P p | Q q |
R r | S s | T t | U u | Ū ū | V v | W w | Z z |
Ь ь |
Este é o alfabeto Latino de 24 letras, sen X, sen Y. As 5 vogais preséntanse con e sen Macron (Ā). Engándense as letras Ә, Ә̄, e o sinal gráfico Ь.
En 1937, os Chukchis e outros pobos da URSS foron forzados a usar o alfabeto cirílico, que no inicio era simplemente o usado polos rusos, coa adición das letras antigas К’ к’ e Н’ н’. Nos anos 50, porén, empezaron a ser usadas as letras Ӄ ӄ e Ӈ ӈ, principalmente para fins educativos. Aínda que na prensa só se usaban as letras tradicionais. Na fin dos anos 80, a letra Ԓ ԓ (Л con "gancho")substituíu o Л, para evitar confusión de pronuncia, ata entón con ese Л ruso.
O alfabeto "Chukoto" agora é como segue:
А а | Б б | В в | Г г | Д д | Е е | Ё ё | Ж ж |
З з | И и | Й й | К к | Ӄ ӄ | Ԓ ԓ (Л л) | М м | Н н |
Ӈ ӈ | О о | П п | Р р | С с | Т т | У у | Ф ф |
Х х | Ц ц | Ч ч | Ш ш | Щ щ | Ъ ъ | Ы ы | Ь ь |
Э э | Ю ю | Я я | ' |
Trátase do Alfabeto cirílico aumentado coas letras Ӄ ӄ, Ԓ ԓ, Ӈ ӈ e do Diacrítico '. As letras Б, Д, Ж, З, Ф, Х, Ц, Ш, Щ son usadas sómente en palabras de orixe rusa.
Oito combinacións de letras son moi usadas: Йи, Че, Чь, Ле, Лё, Ль, Ль, Лю
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Definición de chukchi no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ http://www.omniglot.com/writing/chukchi.htm "Omniglot"
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Vexa a proba da Wikipedia en Lingua chukchi |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Comrie, B. 1981. The languages of the Soviet Union, Cambridge University Press (Cambridge Language Surveys). ISBN 0-521-23230-9 (tapa dura) e ISBN 0-521-29877-6 (tapa branda)
- Nedjalkov, V. P. 1976. "Diathesen und Satzstruktur im Tschuktschischen". En Studia Gramatika 13, Berlin (G.D.R) (en alemán)
- Skorik, P. Ja. 1961. Grammatika čukotskogo jazyka: Fonetika i morfologija imennyx častej reči (2 Volumes). Leningrad: Nauka.
- Bogoras, W. 1922. "Chukchee". In Handbook of American Indian languages II, e. F. Boas, Washington, D.C.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ethnologue
- Chukotoho - Homepage Arquivado 25 de outubro de 2005 en Wayback Machine.
- Omniglot - escrita Chukoto
- Endangered Languages of Siberia - The Chukchi language
- Russio -Chukchi - Livro de frase Arquivado 02 de novembro de 2007 en Wayback Machine.
- Population by mother tongue and districts in 50 Governorates of the European Russia in 1897