Lingua frixia
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Frixio | ||
---|---|---|
Falado en: | Anatolia | |
Extinción: | século V | |
Familia: | Indoeuropea Grego-frixio Frixio | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | xpg
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua frixia[1] era a lingua indoeuropea dos frixios, un pobo da Asia Menor da Idade de Bronce.
Inscricións
[editar | editar a fonte]O frixio está testemuñado en dous períodos, un a partir de -800 en diante (paleofrixio) e outro tras un período de varios séculos, a partir de preto do comezo da Era Cristiá (neofrixio). O paleofrixio está dividido (xeograficamente) en (entre parénteses as abreviaturas):
- inscricións da cidade de Midas (M, W).
- Gordium.
- central (C).
- Bitinia (B).
- Pteria (P).
- Tyana (T).
- Daskyleion (Dask).
- Bayindir (Bay).
- "varios" (Dd, documentos diversos).
As inscricións misias parecen pertencer a un dialecto separado (nun alfabeto cunha letra adicional, o "s misio").
Sobreviviu polo menos ata o século VI [2].
Pódese reconstruír algunhas palabras coa axuda dalgunhas inscricións feitas cunha escrita similar ao alfabeto grego.
Fontes
[editar | editar a fonte]Historiadores antigos e certos mitos ás veces asociaban o frixio ao tracio e quizais mesmo ao armenio, segundo fontes clásicas. Heródoto rexistra na explicación macedonia que os frixios emigraron a Asia Menor a partir da Tracia. Despois, no mesmo texto, Heródoto afirma que os armenios eran colonos dos frixios, aínda sendo considerados así na época de Xerxes I. A máis antiga mención do frixio en fontes gregas, no Himno Homérico a Afrodita, descríbeo como sendo diferente da lingua de Troia: na canción, Afrodita disfrázase de mortal para seducir o príncipe troiano Anquises.
Clasificación
[editar | editar a fonte]A lingua frixia era probabelmente próximo do tracio, do armenio e do grego. Na maioría dos casos o frixio usaba un alfabeto derivado do alfabeto fenicio. As inscricións dispoñíbeis en frixio aínda non foron traducidas. As inscricións feitas nunha escrita parecida ao alfabeto grego foron traducidas, e parte do vocabulario frixio foi identificado [3].
Gramática
[editar | editar a fonte]A súa estrutura, que pode ser recuperada, era tipicamente indoeuropea, con substantivos declinados en caso (ao menos catro), xénero (tres) e número (singular e plural), mentres os verbos eran conxugados en tempo, voz, modo, persoa e número. Ningunha palabra está testemuñada en todas as súas formas de inflexión.
Moitas palabras en frixio son moi parecidas ás reconstruídas do protoindoeuropeo. O frixio parece exhibir un aumento, como o grego e o armenio, por exemplo eberet, probabelmente corresponde ao PIE *e-bher-e-t (grego ephere).
Vocabulario
[editar | editar a fonte]Un conxunto considerábel de palabras frixias é teoricamente coñecido; porén, o significado e as etimoloxías e ata mesmo a forma correcta de moitas palabras frixias (a maioría extraída de inscricións) aínda están sendo debatidos.
Unha palabra frixia coñecida é bekos, que significa "pan". De acordo con Heródoto (Historia 2.9), o faraón Psamético I quería establecer a lingua orixinal. Para este propósito, ordenou que dous cativos fosen educados por un pastor, prohibindo que lles deixase oír unha simple palabra, e ordenándolle que rexistrase as primeiras expresións dos nenos. Tras dous anos, o pastor rexistrou que na entrada da súa habitación, os cativos viñeron ata el, estenderon as súas mans, dicindo bekos. Investigando, o faraón descubriu que esta era a palabra frixia para "pan de trigo". A partir de aí, os exipcios cederon en afirmar que a nación frixia era máis antiga que a deles. A palabra bekos tamén está testemuñada varias veces en inscricións paleofrixias en estelas funerarias. Suxírese que sexa cognada da palabra inglesa bake ("asar", "queimar (do sol)"), a partir do PIE *bʰeH3g (grego pʰogo "asar", latín focus "cheminea", "fogón", armenio bosor "vermello", bots "chama", irlandés goba "ferreiro").
Bedu, de acordo coa Stromata de Clemente de Alexandría, citando a Nearto de Cízico, significa "auga" (PIE *wed). Os macedonios son citados por ter adorado un deus chamado Bedu, que eles interpretaban como "aire". O deus aparece tamén no ritual órfico.
Outras palabras frixias inclúen:
- anar, "marido", do PIE *ner-, "home";
- attagos, "cabra";
- cf. grego tragos (τράγος), "cabra, bode"; alemán Ziege, "cabra, bode"; albanés dhi, "cabra (femia do bode)".
- balaios, "grande, rápido", do PIE *bel-, "forte";
- belte, "encoro", do PIE *bʰel-, "brillar";
- brater, "irmán", do PIE *bʰrater-, "irmán";
- cognato do grego pʰrater (φρατήρ), "membro dunha tribo, familia"; persa bratar, "irmán"; ruso e búlgaro brat, "irmán".
- daket, "facer, causar", do PIE dʰeH1-k- "poñer, poñer";
- cognato do latín facere, "facer"; grego titʰenai (τιθέναι), "poñer, poñer, instalar".
- germe, "quente", do PIE *gʷʰer-, "quente";
- cognato do grego tʰermós (θερμός), "quente"; persa garme "quente"; armenio jerm, "quente"; albanés zjarm, "quente".
- kakon, "dano, enfermidade", do PIE *kako-, "dano";
- cf. grego kakós (κακός), "malo, malo"; albanés keq, "malo, mal"; lituano keñti, "ser mal".
- knoumane, "túmulo", quizais do PIE *knu-, "arañar, rascar";
- cognato do grego knao (κνάω), "rañar"; albanés krromë, "caspa, sarna"; alto alemán antigo hnuo, "entalle, fenda, canle", nuoen "alisar cunha raspadeira"; lituano knisti, "cavar".
- manka, "estela".
- mater, "nai", do PIE mater-, "nai";
- cf. grego meter (μήτηρ), "nai"; persa madar, "nai"; albanés motër, "irmá".
- meka, "grande", do PIE *meg-, "grande";
- grego megas (μέγας), "grande"; albanés madh, "grande".
- zamelon, "escravo", do PIE *dʰgʰom-, "terra";
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Alfabetos de Asia Menor
- Lingua grega
- Linguas paleobalcánicas
- Lingua macedonia antiga
- Lingua tracia
- Lingua armenia
- Lingua persa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para frixio.
- ↑ Peter Charanis, "Ethnic Changes in the Byzantine Empire in the Seventh Century" ("Cambios Étnicos no Imperio Bizantino no Século VII"), Dumbarton Oaks Papers 13:23 (1959) at JSTOR
- ↑ "Encyclopedia of the Orient - Phrygia". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2008. Consultado o 24 de xaneiro de 2008.