Lingua khoekhoe
Khoekhoe, Nama Khoekhoewab | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Hotentote | |
Falado en: | Namibia Botswana Suráfrica | |
Rexións: | río Orange, Namaqualand (Terra dos nama) | |
Total de falantes: | 200 000±10 000 (2011) | |
Familia: | Linguas khoisas Khoe-kwadi[1] | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | - | |
ISO 639-3: | hgm naq hgm
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua khoekhoe (nome oficial: khoekhoegowab), tamén denominada historicamente nama e hotentote, é unha lingua khoisa, a que ten máis falantes e a que se estende por un territorio maior.
Historia e países onde se fala
[editar | editar a fonte]A lingua khoekhoe pertence á familia khoe,[1] e fálase principalmente en Namibia (no mapa adxunto indícase a distribución deste idioma nese país), Suráfrica e Botswana, e por tres grupos étnicos, os nama, os damara e os haiǁom.
Parece que os damara tomaron a linguaxe, xunto cos nama, en Botswana, e que emigraron a Namibia cada grupo por separado. Os haiǁom, que falaran unha lingua juu, máis tarde pasaron a falar khoekhoe. Georg Friedrich Wreede foi o primeiro europeo que estudou o idioma, despois de chegar á Cidade do Cabo en 1659.
De acordo con Ethnologue, hai 202 000 falantes (dos cales, 200 000 en Mamibia; 2 000 en Suráfrica e 200 en Botswana).[2]
O khoekhoegowab é lingua nacional en Namibia. En Namibia e Suráfrica, a radio emite, entre outros, neste idioma. En Namibia, o khoekhoegowab, a pesar de que o inglés é o idioma oficial da república, é un dos idiomas vehiculares do ensino, desde a educación primaria até a universitaria.
O khoekhoe ten 5 vogais e 31 consoantes.
Frases típicas
[editar | editar a fonte]Algunhas frases típicas son:
- ! Gai EET - Boos días
- ! Gai ǁ HOA - Bos días
- ! Gai azadas - Boas noites
- Matisa - Cómo estás?
- ! Gãise re gu - Adeus
- ! Haese mugus - Vémonos pronto
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Hammarström, Harald; Forkel, Robert & Haspelmath, Martin, eds. (2017): Familia Khoe–Kwadi. Glottolog 3.0. Jena, Alemaña: Instututo Max Planck para a Ciencia da Historia Humana.
- ↑ ."Khoekhoe. A language of Namibia".
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Haacke, Wilfrid H. G. & Eiseb, Eliphas (2002): A Khoekhoegowab dictionary with an English-Khoekhoegowab index. Windhoek: Gamsberg Macmillan. ISBN 9-9916-0401-4.
- Gamal Mokhtar, editor (2010): História Geral da África – Vol. II – África Antiga. Brasilia: UNESCO. ISBN 978-8-5765-2124-2, p. 220.
- Roy S. Hagman (1977): Nama Hottentot grammar, Bloomington, Indiana: Indiana University Press.