Saltar ao contido

Lingua kwakʼwala

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kwakʼwala
Kwak̓wala
Pronuncia:[kwɑːˈkwɑːlə/]
Falado en: Canadá
Rexións: estreito da Raíña Carlota
Total de falantes: 450 (censo de 2016)[1]
Familia: Wakash
 Setentrional
  Kwakʼwala
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: kwk
Mapa

Variedades dialectais da lingua.
Status

O kwakʼwala está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua kwakʼwala (/kwɑːˈkwɑːlə/),[3] ou kwak̓wala, anteriormente coñecida como kwakiutl (/ˈkwɑːkjʊtəl/), é unha lingua wakash falada polo pobo kwakwakaʼwakw. É falada por unhas 450 persoas ao longo do estreito da Raíña Carlota, no oeste do Canadá. A lingua ten unha influencia considerable doutras linguas do noroeste do Pacífico, especialmente coa familia salish, coa cal non está emparentada. Aínda que o kwakʼwala está gravemente en perigo de extinción, estanse a facer esforzos de revitalización para preservar a lingua.

Aínda que o kwakʼwala non tivo rexistros escritos ata o contacto europeo, as evidencias arqueolóxicas e lingüísticas botaron luz sobre a súa prehistoria. As pólas norte e sur da familia wakash separáronse hai aproximadamente 2.900 anos.[4]

The House of the Ghosts, de Marianne Nicolson, 2008. Texto en kwakʼwala e inglés na Galería de Arte de Vancouver.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Aboriginal Mother Tongue (90)". www12.statcan.gc.ca (en inglés). 28 de marzo de 2018. Consultado o 2018-05-21. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  3. Laurie Bauer, 2007, The Linguistics Student's Handbook, Edinburgh
  4. Fortescue, Michael. Drift and the Grammaticalization Divide between Northern and Southern Wakashan. International Journal of American Linguistics , Vol. 72, No. 3 (xullo de 2006), pp. 295-324.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]