Lingua litúrxica
Aparencia
Unha lingua litúrxica é unha lingua empregada polos crentes dunha relixión no curso das súas cerimonias relixiosas. Considérase que ten un valor relixioso superior á lingua cotiá. Non todas as relixións teñen unha lingua litúrxica.
Úsase sobre todo o termo de «lingua litúrxica» cando a lingua relixiosa é diferente da lingua vernácula. Ás veces, os crentes non comprenden a lingua litúrxica da súa relixión.
Esta pode ter varias orixes, e en particular:
- unha orixe xeográfica diferente: é a lingua do grupo que desenvolveu inicialmente a relixión en cuestión.
- unha orixe histórica: é a lingua falada na época na que a relixión en cuestión se desenvolveu inicialmente.
Estas dúas orixes non se exclúen entre si.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- o armenio clásico da igrexa apostólica armenia
- o latín da igrexa católica latina;
- o árabe clásico dos musulmáns, (diferente dos dialectos modernos);
- o hebreo dos xudeus relixiosos (o hebreo falado en Israel foi recreado a finais do século XIX sobre a base do hebreo litúrxico, pero non se confunde completamente con el);
- o ge'ez dos cristiáns coptos de Etiopía, pero tamén dos Falashas, xudeus de Etiopía;
- o grego antigo dos ortodoxos gregos;
- o mandeo clásico dos mandeos;
- o eslavo dos ortodoxos rusos;
- o eslavo eclesiástico das igrexas búlgaras, macedonias, rusas, serbias e outras Igrexas ortodoxas.
- o sánskrito dos hinduístas
- o siríaco dos siríacos ortodoxos
- o copto da igrexa ortodoxa copta
- o xeorxio antigo da igrexa ortodoxa e apostólica xeorxiana