Lingua okanagan
Okanagan n̓səl̓xčin̓, Nsyilxcən, n̓syil̓xčn̓ | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Colville-okanagan | |
Falado en: | Estados Unidos de América e o Canadá | |
Rexións: | Columbia Británica e Estado de Washington | |
Total de falantes: | 50 (2007–2014) 75 como segunda lingua (2007) | |
Familia: | Americana Salish Salish do interior Okanagan | |
Escrita: | latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | oka
| |
Mapa | ||
![]() Mapa da familia de linguas salish. O okanagan atópase na fronteira en ton ocre. | ||
Status | ||
![]() |
A lingua okanagan, tamén coñecida como colville-okanagan, ou nsyilxcən (n̓səl̓xcin̓, n̓syilxčn̓), é unha lingua salish falada polo pobo okanagan que habitaba na rexión da meseta interior da conca do río Okanagan no período precolonial. O seu territorio está dividido entre a Columbia Británica do Canadá e o Estado de Washington nos Estados Unidos de América. Despois da colonización británica, estadounidense e canadense durante o século XIX e a posterior asimilación de todas as tribos salish, o uso da lingua okanagan declinou drasticamente.
O okanagan está en perigo de extinción, xa que non se transmite como primeira lingua, mais está a ser ensinada como segunda lingua por máis de 40 adultos e 35 nenos na cidade de Spokane, Washington, e por varias ducias de adultos na reserva india de Colville, no estado de Washington, así como polos habitantes do val do río Okanagan da Columbia Británica. Quedan arredor de 50 persoas que falan o okanagan con fluidez como primeira lingua, a maioría delas viven no val de Okanagan na Columbia Británica.[2] A lingua está nun estado moribundo e non ten falantes como primeira lingua de menos de 50 anos. O okanagan é a segunda lingua salish máis falada despois do shuswap.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Gordon, Raymond G. Ed. (2005). Salishan: Ethnologue Arquivado 2012-11-04 en Wayback Machine.. Ethnologue: Languages of the World, 15th ed. Consultado o 14 de abril de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Vexa a proba da Wikipedia en Lingua okanagan |
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Colville-Okanagan language learning resources at Endangered Languages
- Salish School of Spokane
- En'owkin Centre Arquivado 17 de maio de 2023 en Wayback Machine.
- Interior Salish
- Vocabulary Words in Okanagan-Colville
- First Nations Languages of British Columbia entry
- Map of Northwest Coast First Nations
- Sinixt Nation Language Page