Lingua tangut
Lingua tangut | ||
---|---|---|
Falado en: | Dinastía Xia occidental China | |
Extinción: | c. 1502 | |
Familia: | Linguas sino-tibetanas Linguas tibeto-birmanas Linguas burmo-qiángicas Linguas qiángicas Lingua tangut | |
Escrita: | Escritura tangut | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | txg
| |
Mapa | ||
Dinastía Xia occidental Dinastía Jin Dinastía Song | ||
Status | ||
O tangut (chinés tradicional: 西夏語; pinyin: Xī Xiàyǔ; lit. "lingua Xia occidental") é unha lingua morta da familia sino-tibetana.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi unha das linguas oficiais da dinastía Xia occidental, fundada polo pobo tangut no noroeste da China. Os Xia occidentais foron eliminados polo imperio mongol en 1226.[1] A lingua tangut posúe o seu propio sistema de escritura, a escrita tangut. O derradeiro texto coñecido redactado en tangut son os piares dharani tangut, que datan de 1502.[2] Xa que logo, a linguaxe escrita sobreviviu á dinastía Xia case trescentos anos.
Clasificación
[editar | editar a fonte]Dende a década de 2010, os lingüistas adoitan clasificar o tangut entre as linguas qiángicas ou as gyalrong.[3][4] En base á evidencia morfolóxica e léxica, algúns expertos agrúpano coas linguas gyalrong occidentais,[5] namentres outros o asocian coa lingua horpa.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Whitfield 1995, p. 2.
- ↑ Mote 2003, p. 257.
- ↑ Gong 2020.
- ↑ Jacques 2012, p. 211-257.
- ↑ Lai, Gong & Jacques 2020.
- ↑ Beaudouin 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Beaudouin, Mathieu (2023). "Tangut and Horpa languages: Some shared morphosyntactic features". Language and Linguistics (en inglés) 24 (4): 611–673. doi:10.1075/lali.00142.bea.
- Gong, Xun (2020). "Uvulars and Uvularization in Tangut Phonology". Language and Linguistics (en inglés) 21 (2): 175–212. doi:10.1075/lali.00060.gon.
- Jacques, Guillaume (2012). "The Tangut Kinship System in Qiangic Perspective". En Hill, Nathan W. Medieval Tibeto-Burman Languages IV (en inglés). Brill. ISBN 978-90-04-23345-4. doi:10.1163/9789004233454_010.
- Lai, Yunfan; Gong, Xun; Jacques, Guillaume (2020). "Tangut as a West Gyalrongic language". Folia Linguistica (en inglés) 54: 171–203. ISSN 1614-7308. doi:10.1515/flih-2020-0006.
- Mote, F. W. (2003). Imperial China, 900–1800 (en inglés). Harvard University Press. ISBN 9780674012127.
- Whitfield, Susan (1995). "Kharo-Khoto: The Black City" (PDF). IDP News: Newsletter of the International Dunhuang Project (en inglés) 2: 2–3. ISSN 1354-5914. Archived from the original on 30 de xuño de 2007. Consultado o 06 de xuño de 2024.