Lingua tz’utujil
Aparencia
(Redirección desde «Lingua tz'utujil»)
Tz’utujil | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Tzutujil | |
Falado en: | Guatemala | |
Rexións: | Terras altas occidentais | |
Total de falantes: | 60 000 (2002) | |
Familia: | Maia Quicheanano–Mameano Gran quicheano Quicheano Tz’utujil | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Guatemala (lingua nacional)[1] | |
Regulado por: | Academia de Linguas Maias de Guatemala | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | --- | |
ISO 639-3: | tzj
| |
Mapa | ||
Status | ||
O tz’utujil é unha lingua maia falada polo pobo tz’utujil na rexión do sur do lago de Atitlán, en Guatemala. O tz'utujil está está estreitamente relacionado coas linguas veciñas kaqchikel e kʼicheʼ. Segundo o censo de 2002, máis de 60 000 persoas falan tz'utujil como a súa lingua nai. Ten dous dialectos, o oriental e o occidental.
A maioría do pobo tz’utujil ten o castelán como segunda lingua, aínda que moita da poboación máis vella non é quen de falalo. Moitos nenos non aprenden o castelán até que van á escola, ós cinco anos. No ano 2012, a Biblioteca Comunitaria Rija'tzuul Na'ooj de San Juan La Laguna ten actividades de contacontos para nenos en tz'utujil, e existen edicións de libros nesa lingua.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Proyecto de Reformas a la Constitución Política
- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Rising Voices, ed. (31 de outubro de 2012). "Library as a Starting Point to Revitalize Tz’utujil Language". Consultado o 17 de novembro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dayley, Jon P. (1985). Tzutujil Grammar. Berkeley, California: University of California Press. ISBN 0-520-09962-1.