Linguas de Israel
Os idiomas oficiais de Israel son o hebreo e o árabe. Estes tamén son os idiomas máis falados (O 72% da poboación fala hebreo e o 21% fala árabe).[1] O árabe é falado polos árabes israelís e por moitos dos xudeus de orixe mizrají. A outra lingua máis falada é o ruso, lingua nai de máis dun millón de inmigrantes procedentes dos territorios da antiga Unión Soviética. O inglés é unha lingua de central importancia nos asuntos diplomáticos, comerciais, turísticos e académicos. Ademais é a lingua nai de decenas de miles de inmigrantes dos países de fala inglesa.
O idioma español é falado polos máis de 100.000 membros das comunidades sefardís que conservan unha variedade, o sefardí, con trazos do século XVI. Tamén falan español os máis de 100.000 inmigrantes de orixe española ou hispanoamericano. Actualmente moitos israelís novos aprenden español a través das telenovelas suramericanas e outros o aprenden nas súas viaxes a Suramérica (un destino de viaxes moi popular entre os mozos israelís). O español converteuse nunha lingua que goza unha alta popularidade. Outros idiomas moi comúns son o francés, falado polos inmigrantes de Francia e as súas antigas colonias, e o amárico, o principal dos idiomas dos xudeus inmigrantes de Etiopía.