Saltar ao contido

Linguas mazatecas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mazatecas
En Ngixo
Falado en: México
Rexións: Oaxaca, Puebla, Veracruz
Total de falantes: 220 000 (2010)
Familia: Otomangueana
 Popoloca
  Mazatecas
Escrita: Latino
Status oficial
Lingua oficial de: México
A través da Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas[1]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: varios:
maa — Lingua mazateca de Tecóatl
maj — Lingua mazateca de Jalapa
maq — Lingua mazateca de Chiquihuitlán
mau — Lingua mazateca de Huautla
mzi — Lingua mazateca de Ixcatlán
vmp — Lingua mazateca de Soyaltepec
vmy — Lingua mazateca de Ayautla
vmz — Lingua mazateca de Mazatlán
Mapa
Status

As linguas mazatecas[2] son un grupo de linguas indíxenas estreitamente relacionadas faladas por unhas 200 000 persoas do pobo mazateca, que habitan na área coñecida como Serra Mazateca, na parte norte do estado de Oaxaca, e nas zonas adxacentes dos estados de Puebla e Veracruz.

O grupo é descrito a miúdo como unha única lingua chamada mazateca, pero por mor das diferentes variedades que ten, está mellor considerado como un grupo de linguas.[3] Pertence ó subgrupo popoloca da familia de linguas otomangueanas. Baixo a Lei Xeral de Dereitos Lingüísticos dos Pobos Indíxenas, están recoñecidas como "linguas nacionais", xunto coas outras linguas indíxenas de México e o castelán.

O mazateca ten unha boa saúde en moitas das pequenas comunidades da área mazateca, e en moitas das vilas é falada por toda a poboación. Porén, a lingua está comezando a perder terreo fronte ó castelán nalgunhas das comunidades máis grandes, como Huautla de Jiménez e Jalapa de Díaz.

  1. "General Law of Linguistic Rights of Indigenous Peoples" (PDF) (en castelán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xuño de 2008. Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  2. "Entrada mazateca en Digalego". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2017. Consultado o 15 de outubro de 2017. 
  3. Gudschinsky 1958