Saltar ao contido

Linguas pekodianas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pekodianas
Falado en: Brasil
Rexións: Mato Groso e o Pará
Total de falantes:
Familia: Linguas caribes
 Pekodianas
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
Mapa
Status

As linguas pekodianas son un subgrupo da familia caribe. Estas linguas fálanse nos estados de Mato Groso e o Pará, no Brasil e compoñen a rama máis meridional das linguas caribes.[1]

Meira e Chousou-Polydouri (2015) considera as linguas pekodianas como descendentes das migracións caribes dende o norte, xa que a diversidade lingüística caribe concéntrase no norte de América do Sur.[2]

O termo pekodiano foi acuñado en 2005 por Meira e Bruna Franchetto sobre a base dunha palabra afín para "muller" que se atopa nestas linguas, respectivamente en bakairi "pekodo" e en ikpeng "petkom", mais non se atopa en ningunha das outras linguas caribes.[3]

As linguas pekodianas son:[4][5][6]

Préstamos lingüísticos

[editar | editar a fonte]

As linguas pekodianas teñen varios préstamos de linguas non caribes, incluíndo as linguas juruna e arauacas.[1]

As linguas pekodianas tamén puideron influír nas linguas bororo e outras familias de linguas non caribes.

  1. 1,0 1,1 Carvalho, Fernando O. de (2020). Tocantins Apiaká, Parirí and Yarumá as Members of the Pekodian Branch (Cariban). Revista Brasileira de Línguas Indígenas - RBLI. Macapá, v. 3, n. 1, p. 85-93, 2020.
  2. Meira S, Birchall J, Chousou-Polydouri S. 2015. A character-based internal classification of the Cariban family. Talk presented at the 48th Annual Meeting of the Societas Linguisticae Europaea, Leiden, Netherlands, Sept. 4.
  3. Meira, Sérgio e Bruna Franchetto. 2005. “The southern Cariban languages and the Cariban family.” in International Journal of American Linguistics 71, páxinas 127-192.
  4. Meira, Sérgio. 2006. A família lingüística Caribe (Karíb). Revista de Estudos e Pesquisas v.3, n.1/2, p.157-174. Brasília: FUNAI. (PDF)
  5. Gildea, Spike. 2012. "Linguistic studies in the Cariban family", in Campbell & Grondona, eds, The Indigenous Languages of South America: A Comprehensive Guide. Berlin/Boston: De Gruyter Mouton.
  6. Jolkesky, Marcelo Pinho De Valhery. 2016. Estudo arqueo-ecolinguístico das terras tropicais sul-americanas. Ph.D. dissertation, Universidade de Brasilia.