Linguas síux
Linguas síux-catawba | ||
---|---|---|
Falado en: | Centro de norteamérica | |
Total de falantes: | ~32 927 (Anos 1990) | |
Familia: | Macro-sioux (?) Linguas síux-catawba | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas síux-catawba (tamén coñecidas simplemente como linguas síux)[1] son unha familia de linguas indíxenas norteamericanas. O grupo é o segundo máis falado de linguas nativas nos Estados Unidos, despois das linguas algonquianas.
O nome do estado de Minnesota é síux e significa 'augas azul celeste'.
Clasificación interna
[editar | editar a fonte]As clasificacións da maioría dos autores coinciden en recoñecer claramente catro subgrupos dentro das linguas síux:
- O subgrupo do val do Missouri (crow, hidatsa)
- O subgrupo mandan (mandan)
- O subgrupo suroriental (tutelo, ofo-biloxi)
- O subgrupo do val do Mississippi (rama dhegiha, chiwere, winnebago, dakota)
En canto á agrupación destes grupos a cuestión está aberta a debate. Robert K. Headley (1971) sobre unha base glotocronolóxica propuxo a seguinte árbore para as linguas síux-catawba:
Proto-SC |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Á parte da conta estatística non existen outras evidencias que suxiran que esta agrupación interna é correcta, aínda que o proxecto de comparación sistemática ASJP reproduce unha árbore idéntica ao anterior ademais de detallar a estrutura do subgrupo Mississippi que é a seguinte:[2]
S. Mississipí |
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número de falantes
[editar | editar a fonte]O seguinte é un cálculo do número de falantes destas linguas:[3]
- A. Familia catawba
- Catawba (extinta)
- B. Familia síux
- Síux central
- Val do Missouri
- Sueste
- Grupo Biloxi-Ofo
- Biloxi (ext.)
- Ofo (ext.)
- Grupo Tutelo (ext.)
- Grupo Biloxi-Ofo
Historia
[editar | editar a fonte]As linguas síux faláronse nas rexións central e suroriental de Norteamérica. Dende os Grandes Lagos ata as Montañas Rochosas están as linguas winnebago, dakota (con dialectos coma o santee, yankton, yanktonai(s), teton (chamado tamén lakhota ou lakota), assiniboine e stoney (sendo chamados todos nakota menos santee e teton), mandan, hidatsa e crow. No centro dos Estados Unidos fálanse dhegiha (quapaw, kansa, osage e omaha-ponca) e chiwere (iowa, oto e a extinta missouri). No sueste dos Estados Unidos hai documentación de tres linguas síux extintas: tutelo, oto e biloxi.
Outras linguas sioux falábanse no que agora é Virxinia, Carolina do Norte e Carolina do Sur, cando os europeos chegaron alí.
No censo de 1981, en total había 2 975 persoas no Canadá que falaban linguas sioux como linguas maternas.
Relacións con outras familias
[editar | editar a fonte]O parente máis próximo das linguas sioux é o catawba, falado sobre a costa leste de Norteamérica. Fóra deste parentesco probado co catawba mostráronse algunhas evidencias de que poderían gardar unha relación remota coas linguas iroquesas e as linguas caddoanas.[8] Estas evidencias refírense basicamente á morfoloxía verbal, aínda que non puideron establecerse longas listas de cognados ás que se puidese aplicar o método comparativo e demostrar convincentemente o parentesco. Á hipotética macrofamilia polo grupo sioux-catawba, o iroqués e o caddoano, coñécella como hipótese macro-sioux.
Sapir e algúns outros autores foron máis aló e propuxeron unha relación entre a hipotético macro-síux (síux, caddoano, iroqués) e as linguas hokanas. Esta superagrupación hokano-sioux incluiría hipoteticamente os grupos xeograficamente adxacentes como o yuchi, o natchez e o muskogee e como as linguas do grupo macro-síux xeograficamente non adxacentes. A maioría de americanistas consideran espuria esta relación de longo alcance, e xulgan que a evidencia de apoio é extremadamente débil e decididamente pouco convincente.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para síux.
- ↑ "ASJP - World Language Tree 03" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30 de xullo de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2010.
- ↑ Ethnologue report for Siouan
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Lyovin, 1997: 316
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 Kenneth Katzner (1986) [1977]. The Languages of the World. Londres: Routledge, pp. 359-360. ISBN 0-7102-0861-8.
- ↑ Katzner, 2002: 343; 366
- ↑ Austin, 2008: 206
- ↑ Chafe, 1973, 1976.