Linguaxe xestual
A linguaxe xestual e unha forma de comunicación non verbal, por medio de xestos, usada por unha persoa para comunicarse.
No canto de utilizar símbolos fonéticos ou gráficos, empréganse actitudes e movementos do corpo ou dunha parte deste, boca e mans especialmente. É un tipo de linguaxe orixinaria dos pobos primitivos, nacida dos movementos expresivos. Pode ser anterior á linguaxe, coma no caso do neno nos seus primeiros momentos de vida (Wundt considérao como un estado filoxenético previo ó sistema de comunicación articulado do home); paralelo á expresión oral, que forma parte da expresión corporal; e como forma alternativa á comunicación oral, debido á necesidade de prescindir da fala normal (tal é o caso dos indios de América do Norte, para poder comunicarse entre tribos, dos monxes trapistas, pola regra do silencio, dos xordos...) ou por desexo explícito, como no caso de cuadrillas, seitas ou grupos, como linguaxe secreta. Está constituída pola linguaxe tacésica (contacto corpo-corpo), poxémica (distancia persoal e comunicacional) e a cinética (xestos, movementos, expresións faciais etc.).