Saltar ao contido

Lino Gómez Canedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLino Gómez Canedo
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1908 Editar o valor en Wikidata
Coiro, España Editar o valor en Wikidata
Morte24 de decembro de 1990 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Cidade de México Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoHistoria e Igrexa católica Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfrade, historiador, escritor, sacerdote católico Editar o valor en Wikidata
Membro de
Orde relixiosaOrdes franciscanas Editar o valor en Wikidata

BNE: XX926682 BUSC: gomez-canedo-lino-1908-1990

Lino Gómez Canedo, nado en San Xulián de Coiro (A Laracha) o 24 de xuño de 1908 e finado en Cidade de México o 24 de decembro de 1990, foi un sacerdote católico galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de labregos, vestiu o hábito franciscano no convento de San Diego de Canedo (Ponteareas) en agosto de 1923 e máis tarde estudou filosofía no convento da Nosa Señora de Vistahermosa (Ourense) e teoloxía no convento de San Francisco do Val de Deus de Santiago de Compostela, onde profesou o 25 de xuño de 1929 e foi ordenado sacerdote en xuño de 1931.

Desde a súa época de estudante naceu nel a vocación de historiador, disciplina na que entraría baixo a orientación de frei Atanasio López Fernández. En 1933 viaxou para estudar en Roma onde se licenciou en Historia Eclesiástica en 1937, o que lle serviu para se incorporar á Academia Americana da Historia, con sede en Washington, onde traballou durante varias décadas[1].

O padre Gómez Canedo foi un incansable home de letras e de palabras conferenciantes que, ao compás dos seus quefaceres clericais, empregou toda a súa vida para furgar en cartafoles eclesiástico-historiográficos de diversas bibliotecas e institucións culturais de Galicia e dos continentes americano e asiático, deixando un legado histórico de gran valor documental.

  1. Gran Enciclopedia Gallega tomo 16 páx.69

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]