Lino Tejada Rodríguez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1901 Muíños, España |
Morte | 20 de setembro de 1940 (39 anos) Xaén, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Gobernador civil de Alacant | |
Actividade | |
Ocupación | policía, político |
Lino Tejada Rodríguez, nado en Mugueimes (Muíños) o 8 de febreiro de 1901 e finado en Xaén o 20 de setembro de 1940, foi un policía e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Segundo fillo de Javier Tejada Armada e Segunda Rodríguez Rodríguez. Na segunda metade da década dos vinte era funcionario policial. En 1936 formaba parte do servizo de seguridade do gobernador civil de Xaén. Foi designado delegado especial gobernativo polo gobernador civil Manuel Martín Galeano, para neutralizar o amotinamento da Garda Civil acantonada no santuario da Virxe da Cabeza na Serra Morena, a 32 quilómetros de Andújar. Foi gobernador civil interino "sen nomeamento" de Alacant o 27 de febreiro de 1939 e só ocupou o cargo durante menos de tres semanas, sendo cesado o 17 de marzo de 1939 polas autoridades do Consello Nacional de Defensa (CND), sendo substituído por Manuel Rodríguez Martínez. Foi fusilado 20 de setembro de 1940.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Morais, Carlos (2019). Centro Cultural Popular do Limia, ed. "Aproximaçon biográfica de Lino Tejada Rodríguez". Lethes. Cadernos culturais do Limia (14): 100–127.
- Serrallonga i Urquidi, Joan (2007). "El aparato provincial durante la Segunda República. Los gobernadores civiles, 1931-1939" (PDF). Hispania Nova (7). Consultado o 17 de xullo de 2018.