Lisardo Quintas Graña
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX ![]() Porqueirós, España ![]() |
Morte | 8 de xuño de 2014 ![]() Muíños, España ![]() |
![]() | |
1971 – 1983 – Rafael Pérez Martínez → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre ![]() |
Lisardo Quintas Graña, nado en Porqueirós (Muíños) e finado en Muíños o 8 de xuño de 2014, foi un político e mestre galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mestre[1]. Foi nomeado alcalde de Muíños en febreiro de 1971[2]. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura da UCD e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Galega e foi a forza máis votada sen maioría absoluta, polo que perdeu a alcaldía en favor do socialista Rafael Pérez Martínez tras ser apoiado polos concelleiros de AP.
Predecesor: ? |
![]() Alcalde de Muíños 1971 - 1983 |
Sucesor: Rafael Pérez Martínez |