Lista de comandos do MS-DOS
Esta é unha lista dos comandos máis empregados do sistema operativo MS-DOS de Microsoft.
Nesta lista, cando un comando pode aceptar máis dun nome de ficheiro ou un nome de arquivo con comodíns (* e ?), dise que aceptan un parámetro ficheirospec. Os comandos que só aceptan un nome de arquivo dise que aceptan un parámetro ficheiro.
Para moitos dos comandos tamén se da a súa equivalencia cós de Unix.
Commandos
[editar | editar a fonte]attrib
[editar | editar a fonte]Cambia ou amosa os atributos dun ou máis ficheiros. Por defecto amosa os atributos de tódolos ficheiros no directorio actual.
Opcións
- Para engadir un atributo inclúese un '+' diante.
- Para quitar un atributo inclúese un '-' diante.
Atributos
- R - só lectura
- A - ficheiro
- S - sistema
- H - oculto
attrib [+|-ahrs] [''ficheirospec'']
Equivale ao comando de Unix chmod
. En Linux o comando chattr
tamén realiza funcións similares.
cd
[editar | editar a fonte]Cambia o directorio actual.
cd ''directory''
Equivale ao comando de Unix cd
(con parámetros), ou pwd
(sen parámetros).
chkdsk
[editar | editar a fonte]Verifica a integridade do sistema de ficheiros dun disco duro ou disquete
Opcións
- /F - amaña os erros do disco
- /V - amosa a dirección completa e nome de tódolos ficheiros do disco
chkdsk ''unidade'' [[ruta]ficheiro] [/F] [/V]
Equivale ao comando de Unix fsck
.
cls
[editar | editar a fonte]Limpa a pantalla.
cls
Equivale ao comando de Unix clear
.
copy
[editar | editar a fonte]Copia ficheiros dun lugar a outro. O destino por defecto é o directorio actual. Se se indican múltiples ficheiros de orixe, o destino debe ser un directorio ou da como resultado un erro.ror will result.
Atributos
- /a - modo texto, copia o contido de texto do ficheiro, parando cando chega ao carácter de fin de ficheiro.
- /b - modo binario, concatena os ficheiros enteiros, ignorando os caracteres de fin de ficheiro.
copy ''ficheirospec'' [''destino'']
Equivale ao comando de Unix cp
.
copy dispositivo
[editar | editar a fonte]Empregado desta forma, o comando copy
permite escribir datos dende o dispositivo dado ao ficheiro especificado ata que se atopa có carácter de fin de ficheiro (carácter 26 do código ASCII, tecléase con ctrl-Z). O dispositivo máis común e con (consola), có que copy con ficheiro
permite escribir directamente nun ficheiro.
copy ''dispositivo'' ''ficheiro''
En Unix esta función ven dada polo comando cat
. cat > ficheiro
(sendo ctrl+D para rematar) sería o equivalente a este comando.
defrag
[editar | editar a fonte]Defragmenta unha unidade de disco
defrag ''letraunidade''
Non ten equivalente en Unix.
del
[editar | editar a fonte]Borra un ficheiro dado
del ''ficheiro''
Equivale ao comando de Unix rm
.
deltree
[editar | editar a fonte]Elimina un directorio xunto con todos os ficheiros e subdirectorios que conteña. Antes de o facer realiza unha pregunta de confirmación.
Atributos
- /y - Non amosa a pregunta de confirmación
deltree [/y] ''directorio''
En Unix a función de deltree
vén dada polo comando rm
có parámetro -r
.
dir
[editar | editar a fonte]Amosa o contido dun directorio
Atributos
- [unidade:][ruta][ficheiro] - Especifica a unidade, directorio e/ou ficheiros a listar.
- /A - Amosa arquivos con atributos específicos:
- D - directorios.
- R - ficheiros de só lectura.
- H - ficheiros ocultos.
- A -
- S - ficheiros do sistema.
- - - prefixo para non amosar.
- /B - Usa o formato nu (sen información de cabeceira ou sumario).
- /C[H] - Amosa relacións de compresión nun volume comprimido.
- /L - Emprega minúsculas.
- /O - Lista de ficheiros segundo:
- N - por nome (alfabeticamente).
- S - por tamaño (os máis pequenos primeiro).
- E - por extensión (alfabeticamente).
- D - por data/hora (os máis antigos primeiro).
- G - grupos de directorios primeiro.
- - - prefixo para reverter a orde.
- /P - Pausa despois de cada pantalla de información.
- /S - Amosa os ficheiros no directorio especificado e tódolos subdirectorios.
- /T - Controla o campo de tempo que se amosa ou se emprega para ordenar:
- C - Creación.
- A - Último acceso.
- W - Última modificación.
- /W - Emprega formato ancho de lista.
- /4 - Amosa anos de 4 díxitos.
DIR [/A[[:]atributos]] [/B] [/C] [/D] [/L] [/N] [/O[[:]orde]] [/P] [/Q] [/S]
[/T[[:]campodetempo]] [/W] [/4] [unidade:][ruta][ficheiro]
Equivale ao comando de Unix ls
.
echo
[editar | editar a fonte]Imprime os seus propios argumentos a saída estándar, normalmente a pantalla, aínda que pode ser redirixido coma calquera outro comando. Emprégase habitualmente nos ficheiros batch para amosar texto ao usuario.
echo ''isto é texto'' Amosa 'isto é texto'
echo. Amosa unha liña en branco
Outro uso importante do comando echo
é acender ou apagar a saída por pantalla de comandos nos ficheiros batch.
echo on acende o eco dos comandos
echo off apaga o eco dos comandos
É equivalente ao comando de Unix echo
.
exit
[editar | editar a fonte]Sae do procesador de comandos.
EXIT
fc
[editar | editar a fonte]Compara dous ficheiros ou conxuntos de ficheiros e amosa as diferenzas entre eles.
Atributos
- /A - Amosa só a primeira e a última liña de cada conxunto de diferenzas.
- /B - Realiza unha comparación binaria.
- /C - Non ten en conta as maiúsculas/minúsculas.
- /L - Compara os ficheiros como texto ASCII.
- /LBn - Limita o máximo número de diferenzas consecutivas a un número especificado de liñas.
- /N - Amosa os números de liña nunha comparación ASCII.
- /T - Non expande tabulacións a espazos.
- /W - Comprime os espazos en branco (tabulacións e espazos) para a comparación.
- /nnnn - Especifica o número de liñas consecutivas que deben coincidir tras unha diferencia.
- [unidade1:][ruta1]ficheiro1 - Especifica o primeiro ficheiro ou conxunto de ficheiros a comparar.
- [unidade2:][ruta2]ficheiro2 - Especifica o segundo ficheiro ou conxunto de ficheiros a comparar.
FC [/A] [/C] [/L] [/LBn] [/N] [/T] [/W] [/nnnn] [unidade1:][ruta1]ficheiro1 [unidade2:][ruta2]ficheiro2
FC /B [unidade1:][ruta1]ficheiro1 [unidade2:][ruta2]ficheiro2
Equivale aos comandos de Unix comm
, cmp
e diff
.
fdisk
[editar | editar a fonte]Manipula táboas de partición de discos duros. Cando se executa na liña de comandos amosa un menú con distintas operacións :
1. Crear unha partición DOS ou Unidade Lóxica DOS
2. Elixir a partición activa
3. Eliminar unha partición ou Unidade Lóxica DOS
4. Amosar información das particións
5. Cambiar o disco duro actual
Fdisk
existe en Unix có mesmo nome pero é un programa completamente diferente, aínda que ten o mesmo propósito.
find
[editar | editar a fonte]É un filtro empregado para atopar unha cadea de caracteres específica nun ficheiro ou ficheiros
Atributos
- /V - Amosa tódalas liñas que non conteñan a cadea.
- /C - Amosa só a conta de liñas que conteñen a cadea.
- /N - Amosa os números de liña que conteñen a cadea.
- /I - Ignora as maiúsculas/minúsculas.
- "cadea" - Especifica a cadea de texto a procurar.
- [unidade:][ruta]ficheiro - Especifica o ficheiro ou ficheiros a procurar.
FIND [/V] [/C] [/N] [/I] "cadea" [[unidade:][ruta]ficheiro[ ...]]
Equivale ao comando de Unix grep
.
format
[editar | editar a fonte]Elimina tódolos ficheiros no disco e reformatéao para MS-DOS.
Atributos
- /V[:etiqueta]- Especifica a etiqueta de volume.
- /Q - Realiza un formateo rápido.
- /F:tamaño - Especifica o tamaño do disquete a formatear (160, 180, 320, 360, 720, 1.2, 1.44, 2.88).
- /B - Aloxa espazo no disco formateado para os ficheiros de sistema.
- /S - Copia ficheiros de sistema no disco formateado.
- /T:pistas - Especifica o número de pistas por lado do disco.
- /N:sectores - Especifica o número de sectores por pista.
- /1 - Formatea un só lado dun disquete.
- /4 - Formatea un disquete de 5.25" 360Kb.
- /8 - Formatea oito sectores por pista.
- /C - Testea os clústeres que estean marcados como defectuosos.
FORMAT unidade: [/V[:etiqueta]] [/Q] [/F:tamaño] [/B | /S] [/C]
FORMAT unidade: [/V[:etiqueta]] [/Q] [/T:pistas /N:sectores] [/B | /S] [/C]
FORMAT unidade: [/V[:etiqueta]] [/Q] [/1] [/4] [/B | /S] [/C]
FORMAT unidade: [/Q] [/1] [/4] [/8] [/B | /S] [/C]
É equivalente ao comando de Unix mkfs
.
help
[editar | editar a fonte]Amosa a axuda. con help comando
obtemos axuda dun comando específico.
É parcialmente equivalente ao comando de Unix man.
label
[editar | editar a fonte]Cambia a etiqueta dunha unidade lóxica, coma por exemplo unha partición do disco duro ou un disquete
md
[editar | editar a fonte]Crea un novo directorio. O directorio pai do que es especifica debe existir previamente.
md ''directorio''
Equivale ao comando de Unix mkdir
.
mem
[editar | editar a fonte]Amosa o uso da memoria.
mem
Equivale ao comando de Unix free
.
more
[editar | editar a fonte]Pasa de páxina a través da saída permitindo ver máis dunha pantalla de texto.
''command'' | more
Equivale aos comandos de Unix more
e less
.
move
[editar | editar a fonte]Move ficheiros ou cambia de nome directorios
move ''ficheiro'' ''novonome''
move ''letraunidade:\vellodir'' ''letraunidade:\novodir''
Equivale ao comando de Unix mv
.
msd
[editar | editar a fonte]Amosa información técnica detallada sobre o hardware e software presente no ordenador
msd
Non ten equivalente en Unix.
rd
[editar | editar a fonte]Elimina un directorio, que debe estar baleiro.
rd ''directorio''
Equivale ao comando de Unix rmdir
.
ren
[editar | editar a fonte]Cambia o nome dun ficheiro. Non se pode usar para cambiar o nome de subdirectorios ou de ficheiros a través de unidades. Pode usarse para cambiar o nome de ficheiros en masa empregando comodíns.
ren ''filename'' ''newname''
En Unix esta función vén dada polo comando mv
, mentres que para cambiar o nome en masa se emprega o coamndo rename
.
scandisk
[editar | editar a fonte]É unha utilidade de diagnóstico de discos, substitúe a utilidade chkdsk
.
sort
[editar | editar a fonte]Filtra un arquivo para escoller liñas dun ficheiro de entrada e mandalas a un de saída.
sort < ''ficheiroentrada'' > ''ficheirosaida''
Equivale ao comando de Unix sort
.
time / date
[editar | editar a fonte]Establece ou amosa a data e a hora do sistema.
date
time
Equivale ao comando de Unix date
.
tree
[editar | editar a fonte]Amosa a árbore de directorios do directorio actual
Atributos
- /F - Amosa os nomes dos ficheiros de cada directorio.
- /A - Emprega caracteres ASCII en vez dos caracteres estendidos.
tree [/F] [/A] [''directorio'']
Equivale ao comando de Unix find
.
type
[editar | editar a fonte]Amosa o contido dun arquivo. O comando more pode usarse en conxunción con este comando da forma type ficheiro | more.
type ''filename''
O comando equivalente en Unix é cat
.
ver
[editar | editar a fonte]Amosa a versión de MS-DOS que se está a empregar. Algunhas versións do MS-DOS soportan un atributo /r que amosa a revisión ademais da versión.
ver [/r]
Equivale ao comando de Unix uname
.
xcopy
[editar | editar a fonte]Copia ficheiros e árbores de directorios incluíndo tódolos seus contidos.
Atributos
- orixe - Especifica o(s) ficheiro(s) a copiar.
- destino - Especifica a localización e/ou nome dos novos ficheiros.
- /A - Copia ficheiros cós seus atributos, sen cambialos.
- /D:data - Copia ficheiros cambiados na data especificada ou máis tarde.
- /P - Pide confirmación antes de crear cada ficheiro de destino.
- /S - Copia directorios e subdirectorios agás os que estean baleiros.
- /E - Copia directorios e subdirectorios, incluso os que estean baleiros.
- /W - Pide confirmación antes de comezar a copiar.
- /C - Continúa copiando incluso se ocorre algún erro.
- /I - Se non existe o destino e se copia máis dun ficheiro asume que o destino debe ser un directorio.
- /Q - Non amosa o nome dos ficheiros mentres copia.
- /F - Amosa o nome completo dos ficheiros de orixe e destino mentres copia.
- /L - Amosa os ficherios que se van a copiar.
- /H - Copia ficheiros ocultos e de sistema.
- /R - Sobrescribe ficheiros de só lectura.
- /T - Crea a estrutura de directorios pero non copia ficheiros. Non inclúe directorios ou subdirectorios baleiros.
- /T /E - Inclúe directorios e subdirectorios baleiros.
- /U - Actualiza os ficheiros que xa existen previamente no destino.
- /K - Copia atributos.
- /Y - Sobrescribe ficheiros existentes sen preguntar.
- /-Y - Pregunta antes de sobrescribir ficheiros existentes.
XCOPY orixe [destino] [/A] [/D[:data]] [/P] [/S [/E]] [/W] [/K]
[/C] [/I] [/Q] [/F] [/L] [/H] [/R] [/T] [/U]
En Unix unha función similar obtense có comando cp
.