Lista de episodios de Matalobos
Aparencia
Esta é unha lista dos capítulos da serie de televisión Matalobos, emitida pola TVG, xunto coa data de emisión e as súas audiencias.
Capítulo | Título | Data de estrea | Espectadores | Share | Trama | |
---|---|---|---|---|---|---|
PRIMEIRA TEMPORADA | ||||||
"Un vencello para toda a vida" | Luns, 13 de abril de 2009 | Carmelo Matalobos organiza unha descarga de cocaína nunha praia, coa axuda das planadoras de Sindo Veloso. A Garda Civil, ao mando do tenente Táboas, séguelle os pasos ao clan. Ese día montan un operativo baixo a dirección da xuíz Mosteiro, pero trabúcanse de praia e non conseguen incautar a droga. Nese momento únese ao operativo Marcos Matalobos, capitán da Garda Civil e membro do UCO, amais de irmán de Carmelo. Adriana, o contacto do cártel colombiano na Coruña, non está contenta coa improvisación de Carmelo. Este, que intúe que alguén do seu clan lle pasou información á Garda Civil, mándalle a Diego Dourado, o seu home de confianza, que solucione ese problema. Por outra banda, vai ser o bautizo de Xoel, o neto de Arturo Campos, o avogado de Carmelo Matalobos. A filla de Campos non quere que o padriño do seu fillo sexa un narcotraficante. | ||||
"O negocio familiar" | Martes, 14 de abril de 2009 | Carmelo retén o cargamento de cocaína para que os colombianos lle paguen unha maior porcentaxe. A Garda Civil anda detrás do alixo, e Carmelo vese obrigado a escondelo nunha nave de Arturo Campos, o avogado. Marcos Matalobos, o capitán da UCO, recibe un aviso e atopan o cargamento. Arturo Campos é detido ao rematar o bautizo do seu neto. | ||||
"Pecados" | Luns, 20 de abril de 2009 | Carmelo Matalobos reúnese con Sindo Veloso e os outros tres xefes dos clans de Sardiñeira para os convencer de traballaren xuntos e ter maior poder ante os colombianos, mais Veloso é reticente. Arturo Campos é levado a prisión, acusado de tráfico de estupefacientes, e a súa filla -tamén avogada- faise cargo da súa defensa. O tenente Táboas fala do director do centro penitenciario para que lle conceda algún beneficio a Campos, co obxecto de que os Matalobos pensen que está a colaborar coa xustiza. Os Matalobos danlle unha malleira a Campos e encargan a un portugués que mate a Veloso. | ||||
"Dentro" | Martes, 21 de abril de 2009 | Tras a morte de Gumersindo Veloso, os outros clans acordan formar un consorcio como Carmelo desexaba. Carmelo dille a Adriana que como a Garda Civil incautou a cocaína, a seguinte descarga faralla de balde. Vanesa Viaño, unha rapaza de familia humilde, dille a un distribuidor polo miúdo que ela tamén quere vender cocaína. Sara Campos acepta ser a avogada de Carmelo Matalobos. | ||||
"Irmán meu" | Luns, 27 de abril de 2009 | Arturo Campos impaciéntase porque Carmelo non o dá sacado do cárcere, e este busca alguén que pague polo delito polo que acusan ao avogado. Unha muller amiga da familia Matalobos pídelle a dona Carme, a nai de Carmelo, que a axude a sacar do cárcere a Carlos, o seu fillo máis novo, a quen atoparan 80 gramos de cocaína na mochila. Víctor, o irmán máis vello de Carlos, é cocainómano e gardou a cocaína na mochila do irmán. Carmelo préstalle á familia dez mil euros para pagar a fianza de Carlos, pero pídelle a Víctor que entre ao cárcere no lugar de Arturo Campos. Pola súa banda, Vanesa Viaño segue querendo vender cocaína, malia saber que o seu pai traballou no contrabando do tabaco tempo antes. | ||||
"O Canario" | Martes, 28 de abril de 2009 | Adriana móntalle unha identidade falsa a Víctor para que apande cos 1500 quilos de coca aprehendidos. Carmelo prepárao para que a Garda Civil o deteña, pero no último momento morre dun ataque ao corazón cando conducía por mor dunha sobredose de cocaína. | ||||
"Retribución" | Luns, 4 de maio de 2009 | Carmelo descobre que despois de cada descarga os colombianos mandan a América un cargamento de xoias, e planifica roubarlle o maletín ao funcionario do aeroporto a soldo dos narcos. Sara Campos pídelle a Marcos Matalobos que vixíe ao funcionario, porque Carmelo lle mandara investigalo e ten medo a que lle dean unha tunda. Cando o funcionario recibe o maletín, Marcos intercéptao e detéñeno. Vane recibe as primeiras doses de cocaína para comezar a vender polo miúdo. | ||||
"Indecisión" | Martes, 5 de maio de 2009 | O funcionario é interrogado, e como confesa é levado a unha prisión de alta seguridade para evitar represalias contra el. Adriana debe asumir a perda do maletín coas xoias. Vane vai vender cocaína, pero Diego Dourado, o brazo dereito de Carmelo, impídeo ao saber que é filla de Pepe Viaño, e fai que lla rouben para lle meter medo no corpo. | ||||
"Baixo o mesmo teito" | Luns, 11 de maio de 2009 | Vaise celebrar o aniversario de Dona Carme, e o seu maior desexo é ter os seus fillos xuntos na cea. Vanesa debe pagar a coca que lle roubaron. Miguel, un interventor de banco, debe 30000 euros aos Matalobos por débedas de xogo, e devólveos colléndoos do banco no que traballa, pero por mor dunha inspección reclámallos a Diego por medo a que o descubran. Finalmente, á cea asisten Marcos asiste á cea, e ao rematar fala con Bárbara, a muller de Matalobos, que é a súa confidente e quen lle pasa información das descargas. | ||||
"A confidente" | Martes, 12 de maio de 2009 | |||||
"A do marisco" | Luns, 18 de maio de 2009 | |||||
"Un na estrada" | Martes, 19 de maio de 2009 | |||||
"O home que veu de Colombia" | Luns, 25 de maio de 2009 | |||||
"Guerra aberta" | Martes, 26 de maio de 2009 | |||||
"E máis nada que a verdade" | Luns, 1 de xuño de 2009 | |||||
"Sacrificios" | Martes, 2 de xuño de 2009 | |||||
"Asuntos internos" | Luns, 8 de xuño de 2009 | |||||
"Saldar contas" | Martes, 9 de xuño de 2009 | |||||
"Cara adiante" | Luns, 15 de xuño de 2009 | |||||
"Sen saída" | Martes, 16 de xuño de 2009 | |||||
"Estrañas alianzas" | Luns, 22 de xuño de 2009 | |||||
"O sumario" | Martes, 23 de xuño de 2009 | |||||
"Todo en orde" | Luns, 29 de xuño de 2009 | |||||
SEGUNDA TEMPORADA | ||||||
"Entre a vida e a morte" | Martes, 5 de xaneiro de 2010 | |||||
"Paradoiro descoñecido" | Martes, 12 de xaneiro de 2010 | |||||
"Débedas herdadas" | Martes, 19 de xaneiro de 2010 | |||||
"A vella escola" | Martes, 26 de xaneiro de 2010 | |||||
"Saír adiante" | Martes, 2 de febreiro de 2010 | |||||
"Fráxiles lealdades" | Martes, 9 de febreiro de 2010 | |||||
"Punto e á parte" | Martes, 16 de febreiro de 2010 | |||||
"Novos horizontes" | Martes, 23 de febreiro de 2010 | |||||
"Dous son multitude" | Martes, 2 de marzo de 2010 | |||||
"Principios e finais" | Martes, 9 de marzo de 2010 | |||||
"Aires de cambio" | Martes, 16 de marzo de 2010 | |||||
"Separación de bens" | Martes, 23 de marzo de 2010 | |||||
"Billete de ida" | Martes, 30 de marzo de 2010 | |||||
"Non hai trato" | Martes, 6 de abril de 2010 | |||||
"Obrigadas despedidas" | Martes, 13 de abril de 2010 | |||||
"Segredo de confesión" | Martes, 20 de abril de 2010 | |||||
"Rehabilitacións e reconquistas" | Martes, 27 de abril de 2010 | |||||
"Dereito á intimidade" | Martes, 4 de maio de 2010 | |||||
"A cada pecado, a súa penitencia" | Martes, 11 de maio de 2010 | |||||
"O xogo do dominó" | Martes, 18 de maio de 2010 | |||||
"72 horas" | Martes, 25 de maio de 2010 | |||||
"Coas dúas mans dereitas" | Martes, 1 de xuño de 2010 | |||||
"O monstro interior" | Mércores, 9 de xuño de 2010 | |||||
"Xustiza" | Martes, 15 de xuño de 2010 | |||||
"Sen acritude" | Martes, 22 de xuño de 2010 | |||||
"Todo ten consecuencias" | Martes, 29 de xuño de 2010 | |||||
TERCEIRA TEMPORADA | ||||||
"Todo segue igual" | Martes, 4 de outubro de 2011 | |||||
"Inimigos do leste" | Martes, 11 de outubro de 2011 | |||||
"Para os nenos de Colombia" | Martes, 18 de outubro de 2011 | |||||
"Convivencia pacífica" | Martes, 25 de outubro de 2011 | |||||
"Nais e fillos" | Martes, 1 de novembro de 2011 | |||||
"Envíos urxentes" | Martes, 8 de novembro de 2011 | |||||
"Volve a casa" | Martes, 15 de novembro de 2011 | |||||
"En quen confiar?" | Martes, 22 de novembro de 2011 | |||||
"Os sacrificados" | Martes, 29 de novembro de 2011 | |||||
"Causa aberta" | Martes, 6 de decembro de 2011 | |||||
"Só negocios" | Martes, 13 de decembro de 2011 | |||||
"Nada que perder" | Martes, 20 de decembro de 2011 | |||||
"Inimigos íntimos" | Martes, 27 de decembro de 2011 | |||||
CUARTA TEMPORADA | ||||||
"Afundidos" | Martes, 3 de xaneiro de 2012 | |||||
"Acurralado" | Martes, 10 de xaneiro de 2012 | |||||
"Promesas do leste" | Martes, 17 de xaneiro de 2012 | |||||
"Baixo terra" | Martes, 24 de xaneiro de 2012 | |||||
"Os tempos están cambiando" | Martes, 31 de xaneiro de 2012 | |||||
"Eu son Mateo Veloso!" | Martes, 7 de febreiro de 2012 | |||||
"Jaime Gandolfi despídese de vos" | Martes, 14 de febreiro de 2012 | |||||
"Sacrificios" | Martes, 21 de febreiro de 2012 | |||||
"Sen carga" | Martes, 28 de febreiro de 2012 | |||||
"Identidade secreta" | Martes, 6 de marzo de 2012 | |||||
"Soltando lastre" | Martes, 13 de marzo de 2012 | |||||
"O obxectivo" | Martes, 20 de marzo de 2012 | |||||
"Requiem" | Martes, 27 de marzo de 2012 | |||||
"Promesas cumpridas" | Martes, 3 de abril de 2012 | |||||
QUINTA TEMPORADA | ||||||
"Ano 1: A familia" | Martes, 11 de setembro de 2012 | |||||
"Ano 2: Traizóns" | Martes, 18 de setembro de 2012 | |||||
"Ano 3: Identidades" | Martes, 25 de setembro de 2012 | |||||
"Son Carmelo Matalobos" | Martes, 2 de outubro de 2012 | |||||
"Non hai mentiras piadosas" | Martes, 9 de outubro de 2012 | |||||
"Non hai inocentes" | Martes, 16 de outubro de 2012 | |||||
"Primeira páxina" | Martes, 23 de outubro de 2012 | |||||
"O cuarto poder" | Martes, 30 de outubro de 2012 | |||||
"Todos me queren ver morto" | Martes, 6 de novembro de 2012 | |||||
"Para o que serven os amigos" | Martes, 13 de novembro de 2012 | |||||
"Miserias" | Martes, 20 de novembro de 2012 | |||||
"Perfecto culpable" | Martes, 27 de novembro de 2012 | |||||
"Dúas horas no inferno" | Martes, 4 de decembro de 2012 | |||||
"Dúas balas" | Martes, 11 de decembro de 2012 | |||||
"30 millóns de euros" | Martes, 8 de xaneiro de 2013 | |||||
"Non volvas a vista atrás" | Martes, 15 de xaneiro de 2013 |