Lista de presidentes de Etiopía
Esta é unha lista de presidentes de Etiopía e tamén unha lista de xefes de Estado despois da caída do Imperio Etíope en 1974.
Ata 1974, os xefes de Estado do Imperio Etíope eran emperadores ou rexentes. Dende o golpe de estado do Derg que levou á caída do Imperio en setembro de 1974 ata marzo de 1975, o Derg considerou ao príncipe herdeiro Asfaw Wossen (máis tarde chamado Amha Selassie) como xefe de estado nominal, mais este non aceptou o cargo. Durante este tempo, os presidentes do Derg, os líderes da Derg, foron considerados xefes de Estado en funcións. Despois do 21 de marzo de 1975, a xunta militar do Derg tomou o control plenamente. Ata que se creou a República Democrática Popular de Etiopía en 1987, aínda dominada polas figuras do Derg, os presidentes do Derg son considerados xefes de Estado, pero non presidentes. Despois da caída do Derg e do establecemento do goberno de transición de Etiopía en 1991, o primeiro presidente inmediato (Meles Zenawi) é considerado presidente interino.
Desde a creación formal do cargo de presidente en 1987, houbo seis presidentes oficiais. O presidente é o xefe de Estado de Etiopía. O actual presidente é Taye Atske Selassie, que tamén é a primeira muller presidenta de Etiopía, elixida o 7 de outubro de 2024 polos membros da Asemblea Parlamentaria Federal.
Lista
[editar | editar a fonte]Na lista, os presidentes do Derg considéranse xefes de Estado, pero non presidentes. Consecuentemente, a numeración comeza co primeiro establecemento do cargo de presidente de Etiopía en 1987.
Nome | Foto | Nacemento – Morte | Inicio | Fin | Partido político (Coalición) | |
---|---|---|---|---|---|---|
• Derg (Goberno Militar Provisional da Etiopía Socialista) (1974–1987) • | ||||||
- | Aman Mikael Andom Xefe de Estado en funcións |
1924-1974 | 12 de setembro de 1974 | 17 de novembro de 1974 (Dimitiu) |
Militar | |
- | Mengistu Haile Mariam Xefe de Estado en funcións |
1937– | 17 de novembro de 1974 | 28 de novembro de 1974 | Militar | |
- | Tafari Benti | 1921-1977 | 28 de novembro de 1974 (Xefe de Estado en funcións 28 Nov 1974–21 Mar 1975) |
3 de febreiro de 1977 (Asasinado) |
Militar | |
- | Mengistu Haile Mariam | 1937– | 3 de febreiro de 1977 (Xefe de Estado en funcións 3–11 Feb 1977) |
10 de setembro de 1987 | Militar / COPTE / PTE | |
• República Democrática Popular de Etiopía (1987–1991) • | ||||||
1 | Mengistu Haile Mariam | 1937– | 10 de setembro de 1987 | 21 de maio de 1991 (Dimitiu) |
PTE | |
2 | Tesfaye Gebre Kidan Presidente en funcións | 1935-2004 | 21 de maio de 1991 | 28 de maio de 1991 (Deposto) |
PTE | |
• Goberno de Transición de Etiopía (1991–1995) • | ||||||
3 | Meles Zenawi Presidente interino |
1955–2012 | 27 de maio de 1991 | 22 de agosto de 1995 | FLPT (FDRPE) | |
• República Federal Democrática de Etiopía (1995 – actualidade) • | ||||||
4 | Negasso Gidada | 1943–2019 | 22 de agosto de 1995 | 8 de outubro de 2001 | PDO (FDRPE)[1] | |
5 | Girma Wolde-Giorgis | 1924-2018 | 8 de outubro de 2001 | 7 de outubro de 2013 | Independente | |
6 | Mulatu Teshome | 1955– | 7 de outubro de 2013 | 25 de outubro de 2018 | PDO (FDRPE) | |
7 | Sahle-Work Zewde | 1950– | 25 de outubro de 2018 | 7 de outubro de 2024 | Independente | |
8 | Taye Atske Selassie | 1956– | 7 de outubro de 2024 | Presente | Independente |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Expulsado do PDO máis da FDRPE o 22 de xuño de 2001