Lista de presidentes de Ucraína
Aparencia
O 5 de xullo de 1991, o goberno da RSS de Ucraína aprobou unha lei establecendo o posto do Presidente da RSS de Ucraína. O título foi cambiado ó de Presidente de Ucraína trala proclamación de independencia (24 de agosto de 1991). As primeiras eleccións para a presidencia foron o 1 de decembro de 1991.
Presidentes de Ucraína
[editar | editar a fonte]- Leonid Kravchuk (5 de decembro de 1991 - 19 de xullo de 1994)
- Leonid Kuchma (19 de xullo de 1994 - 23 de xaneiro do 2005)
- Viktor Yushchenko (23 de xaneiro de 2005 - 25 de febreiro de 2010)
- Viktor Yanukovych (25 de febreiro de 2010 – 22 de febreiro de 2014)
- Oleksandr Turchynov (23 de febreiro de 2014 – 7 de xuño de 2014, en funcións)
- Petro Poroshenko (7 de xuño de 2014 - 20 de maio de 2019)
- Volodymyr Zelenskyi (dende o 20 de maio de 2019)