Lista de reis da taifa de Valencia
Aparencia
Lista de reis musulmáns da Taifa de Valencia, dende a caída do Califato de Córdoba até a conquista de Xaime I:
Emires independentes
[editar | editar a fonte]- Mubarak (Mbarek) e Muzzafar, cara ao 1011-1020.
- Lebil de Tortosa, cara ao 1020-1021.
- Al Mansur Abd al-Aziz ben Abi Amir, 1021-1061.
- Abd al-Melek ben al-Mansur Modafar, 1061-1064.
- Abu Bekr ben Abd al-Aziz, gobernador toledán 1064-1075, rei 1075-1085.
- Othman ben Abu Bekr, 1085.
- Yahya Al-Qadir, 1085-1092 (de Toledo 1079-1085 goberna só en Valencia de 1085 a 1092)
- Yafar ibn Abd Allah ibn Yahhaf, presidente dunha especie de república, 1092-1094.
- Rodrigo Díaz de Vivar el Cid, 1092-1099.
- Ximena Díaz, 1099-1102
Valís almorábides
[editar | editar a fonte]- Gobernadores almorábides, 1102-1144.
- Revolta contra os Almorábides (1144-1147)
Emires independentes
[editar | editar a fonte]- Abu Malik Marwan ibn Abd al-Aziz, 1145-1145.
- Abd Al·làh ibn Sa'd ibn Mardanix, valí ou gobernador de Valencia 1145-1146 en nome de Ibn 'Iyad, gobernador de Murcia.
- Abd Al·làh ibn Iyad, de xaneiro a febreiro de 1146.
- Abd Al·làh ibn Jarak ats-Tsagri, de maio a setembro de 1146.
- Abd Al·làh ibn Iyad 1146-1147.
- Muhammad ibn 'Abd Allāh ibn Sa'd ibn Mardāniš, fillo do anterior, valí ou gobernador de Valencia, en nome de Ibn 'Iyad, 1146-1147. Despois rei da Taifa de Murcia 1147-1172, máis coñecido coma Rei Lobo.
- Abu al-Hajjaj Yúsuf ibn 'Abd Al·làh ibn Sa'd ibn Mardanix, irmán do anterior, gobernador da Taifa de Valencia 1147-1171, baixo o Rei Lobo.
Valís almohades
[editar | editar a fonte]- gobernadores almohades, 1171-1225.
- Abu al-Hajjaj Yúsuf ibn 'Abd Al·làh ibn Sa'd ibn Mardanix. En 1171 someteuse ao emperador almohade (1171-1186).
- Zayd Abu Zayd Muhammad al-Mansur, 1225-1238 (despois de 1229 só controlou o norte da taifa de Valencia (sen incluír a cidade), coma o vasalo de Jaume I; despois de 1233 perdeu o control ao norte da Plana).
- Abu al-Jumayl Zayyan ibn Sa'd ibn Mardanix, neto de Abu al-Hajjaj Yúsuf 1228-1238 (só en parte da taifa).