Lista de reis de Valencia
Aparencia
Lista de reis de Valencia dende a creación do Reino de Valencia por Xaime I o Conquistador no 1239 até a promulgación dos Decretos de Nueva Planta no 1707.
Casal de Barcelona
[editar | editar a fonte]- 1239-1276: Xaime I o Conquistador, rei de Aragón e conde de Barcelona.
- 1276-1285: Pedro I o Grande (III de Aragón), fillo do anterior.
- 1285-1291: Afonso I o Franco (III de Aragón), fillo do anterior.
- 1291-1327: Xaime II o Xusto, irmán do anterior.
- 1327-1336: Afonso II o Benigno (IV de Aragón), fillo do anterior.
- 1336-1387: Pedro II o Cerimonioso (IV de Aragón), fillo do anterior.
- 1387-1396: Xoán I o Cazador, fillo do anterior.
- 1396-1410: Martiño I o Humano, irmán do anterior.
No ano 1410, Martiño I morre sen descendencia lexítima.
Interregno
[editar | editar a fonte]- 1412-1416: Fernando I o de Antequera, sobriño de Martiño I.
- 1416-1458: Afonso III o Magnánimo (V de Aragón), fillo do anterior.
- 1458-1479: Xoán II o Grande, irmán do anterior.
- 1479-1516: Fernando II o Católico, fillo do anterior.
- Co casamento entre Fernando II o Católico e Isabel I de Castela, no 1469, prodúcese a unión dinástica entre a Coroa de Aragón e a Coroa de Castela. A partir de aquí, os reis de Valencia, ademais de reis de Aragón e condes de Barcelona (entre outros títulos), son tamén reis de Castela.
- 1516-1556: Carlos I o Emperador, neto de Fernando II.
- 1556-1598: Filipe I o Prudente (II de Castela), fillo do anterior.
- 1598-1621: Filipe II o Piadoso (III de Castela), fillo do anterior.
- 1621-1665: Filipe III o Grande (IV de Castela), fillo do anterior.
- 1665-1700: Carlos II o Enfeitizado, fillo do anterior.
- Á morte de Carlos II, no 1700, comeza a Guerra de Sucesión Española.
- 1700-1704: Filipe IV (V de Castela), bisneto de Filipe III (da dinastía Borbón)
- 1704-1707: Carlos III (Arquiduque Carlos de Austria) da casa Habsburgo.
- Coa promulgación dos Decretos de Nueva Planta, no 1707, o Reino de Valencia chega á súa fin. Porén, o título de rei de Valencia continuou e continúa sendo utilizado polos reis de España até a actualidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Listas de monarcas dos reinos cristiáns da Península Ibérica desde a Reconquista ata os nosos días | |||||||||
Portugal | España | ||||||||
Coroa de Castela | Navarra | Coroa de Aragón | |||||||
Galicia | Asturias | León | Castela | Aragón | Barcelona | Valencia | Mallorca |