Lluis Xabel Álvarez
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1948 (75/76 anos) Sama, España |
Educación | Universidade de Valencia |
Actividade | |
Ocupación | escritor, filósofo |
Familia | |
Cónxuxe | Amelia Valcárcel |
Lluis Xabel Álvarez García, alcumado Texuca, nado en Sama (Langreu) en 1948, é un filósofo, escritor e profesor asturiano da Universidade de Oviedo.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cursou os seus estudos nas universidades de Valencia e Oviedo. Incorporouse ao Departamento de Filosofía en 1972, adicándose en especial a dar clases de Filosofía, Linguaxe, Estética e Filosofía da Arte. En 1977 colaborou na creación da Sociedade Asturiana de Filosofía e foi un dos fundadores do Conceyu Bable en 1974. Desde 2012 é catedrático de Estética e Filosofía da Arte[1].
Dentro da súa obra como escritor ten un libro de poemas en asturiano: Poemes y tornes (1990), ademais do ensaio Diálogu de Pumarín y otros trabayos de razón local (1999).
É membro da Academia da Lingua Asturiana dende a súa constitución en 1981.